• servizos sarela 795x180

    • Programa Operativo de Emprego Xuvenil

En data 21/11/2017 dictouse pola Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, resolución pola que se outorga unha subvención a Sarela para a contratación de dúas mozas desempregadas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil para a realización do Servizo de información, orientación e apoio e Actividade Rehabilitadora.


Esta axuda está cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.


Obxectivos


O Servizo de información, orientación e apoio ten como obxectivo promover a defensa dos dereitos, a integración e a normalización social das persoas con dano cerebral adquirido e dar a coñecer á comunidade os problemas humanos e sociais das persoas con DCA. A información e o apoio son fundamentais para as persoas e as súas familias ao ter que afrontar unha nova realidade que chega de forma brusca e inesperada.


Sarela proporciona toda a información sobre o DCA así como as ferramentas e recursos necesarios que lles permitan afrontar a súa nova situación e contribuír á mellora da calidade de vida. Este programa tamén traballa na coordinación cos servizos sanitarias, asistenciais e educativos da área sanitaria de Santiago para acadar unha mellor atención a estas persoas.


A Actividade rehabilitadora mellora as dificultades a nivel físico das persoas con dano cerebral adquirido e no caso de que sexa acuática existen evidencias científicas de que é unha ferramenta eficaz na recuperación de habilidades motoras en pacientes neurolóxicos ademais de promover a súa integración e normalización social.




USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.