TR352C – Subvención para a contratación de traballadores desempregados polas entidades sen ánimo de lucro
En data 1/10/2019 ditouse, pola Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, resolución pola que se outorga unha subvención a Sarela para a contratación de dúas mozas desempregadas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil para a atención de necesidades de saúde alimentaria e de ocio inclusivo de persoas con dano cerebral adquirido. Esta axuda está co-financiada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.
Proxecto:
Atención das necesidades de saúde alimentaria de persoas con dano cerebral adqurirido
Profesional contratada: 1 nutricionista con data de 11/11/2019 cunha duración de 7 meses.
Proxecto:
Atención das necesidade de ocio inclusivo de persoas con dano cerebral adquirido.
Profesional contratada: 1 monitora de tempo libre con data de 11/11/2019 cunha duración de 7 meses.