Desde o mes de xuño de 2019, Sarela e Radio Estrada 107.7 colaboran para, a través de entrevistas con profesionais da entidade, dar información sobre temas xerais e outros específicos sobre DCA. É no programa A Galería 2.0, presentado por Fran Balado, todos os mércores ás 10:30 horas. A colaboración con Radio Estrada xorde á vez que Sarela puxo en marcha, en colaboración co Centro de Saúde da vila, un punto de información especializada na vila e que abre todos os venres de 10 a 13 horas.
Programa 45.
Falamos de Reiniciando, a canción que Favorita creou con motivo do 20 aniversario de Sarela.
Programa 44.
Facemos un repaso, con Rocío García (psicóloga/neuropsicóloga e directora de Sarela) dos vinte anos de existencia da entidade: desde os motivos da súa creación, principais fitos etc.
Programa 43.
Falamos do CERMI Galicia, a plataforma de representación da cidadanía galega con discapacidade, co seu novo presidente Luciano Fernández (secretario de Sarela).
Programa 42.
Celebración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Con Noelia Parente, educadora social de Sarela.
Programa 41.
A importancia da saúde oral nas persoas con dano cerebral. Con Esther Sola, logopeda de Sarela.
Programa 40.
Como afrontar os primeiros momentos do dano cerebral no hospital e na volta a casa. Con Laura Segade, traballadora social de Sarela.
Programa 39.
O voluntariado virtual como alternativa de colaboración en tempos de pandemia. Con Majo Hermida, responsable do Servizo de voluntariado de Sarela.
Programa 38.
A necesidade de tecer unha rede social de apoio para as familias con Dano Cerebral con Teresa Vega, muller dunha persoa con DCA e usuaria do Servizo de información, apoio e información a familias.
Programa 37.
Día do Dano Cerebral. Luciano Fernández, secretario de Sarela, fala da celebración do Día do Dano Cerebral en 2020 que se desenvolveu baixo o lema "Nun contexto difícil, seguimos construíndo dignidade".
Programa 36.
"A noite que todo cambiou. A vida con DCA". Concha Otero, vicepresidenta de Sarela, presenta o seu libro no que comparte a súa experiencia co dano cerebral adquirido despois do ictus que sufriu seu marido Juan.
Programa 35.
O Servizo de Mellora e Mantemento da Autonomía Persoal e Inclusión Social a través da experiencia dunha familia dunha persoa usuaria. Con Fefa Rodríguez, muller dunha persoa con DCA.
Programa 34.
O caso de Isaías e Lino Castroo: Isaías, que ten DCA como resultado dun accidente de tráfico, e seu pai Lino falan da súa experiencia e dan recomendacións para familias que teñan que facer fronte a esta situación.
Programa 33.
O caso de Braulio Caamaño: superou un ictus moi grave e tras a rehabilitación retoma a súa actividade como profesor.
Programa 32.
A importancia da avaliación e rehabilitación individual. Con Silvia Rodríguez, súa nai, Catalina, non tivo rehabilitación no hospital e tivo que atrasar a rehabilitación en Sarela debido ao confinamento..
Programa 31.
Rehabilitar no confinamento. Con Ana Ruiz, terapeuta ocupacional e coordinadora do Servizo de atención especializada de Sarela.
Programa 30.
A experiencia das familias durante a pandemia. Con Concha Otero, familiar dunha persoa con DCA e vicepresidenta de Sarela.
Programa 29.
COVID-19. Os efectos da corentena nas persoas con Dano Cerebral Adquirido. Con Rocío García (psicóloga-neuropsicóloga e directora de Sarela).
Programa 28.
Os coidados: falamos con Rosa Lamela, coidadora principal dunha persoa con DCA.
Programa 27.
Servizo de mellora e mantemento da autonomía persoal e inclusión social (MAPIS). Ana Ruiz (terapeuta ocupacional) e Víctor Almón e Jesús García (usuarios) falan deste servizo enfocado ás persoas que rematan o seu período de rehabilitación
Programa 26.
20 aniversario de Sarela. Concha Otero, vicepresidente de Sarela, fai un resumo das actividades programadas con motivo do 20 aniversario da asociación.
Programa 25.
Alimentación saudábel e Dano Cerebral Adquirido. María Maceira (nutricionista de Sarela) explica como as secuelas do DCA poden influír na correcta alimentación da persoa e da importancia de facer unha intervención individualizada.
Programa 24.
En primeira persoa: as dificultades para volver traballar tras o DCA. Con Vicente Maneiro, socio de Sarela con dano cerebral adquirido.
Programa 23.
Adaptacións no domicilio e axudas técnicas para o fomento da autonomía persoal. Con Alba Mouzo, terapeuta ocupacional no Servizo de Atención Diúrna Terapéutica de Sarela.
Programa 22.
As secuelas de conduta e emocionais no dano cerebral adquirido. Con Noelia Ouro, psicóloga-neuropsicóloga no Servizo de Atención Diúrna Terapéutica de Sarela.
Programa 21.
As secuelas de comunicación no dano cerebral adquirido. Con Ruth González, Logopeda no Servizo de Atención Diúrna Terapéutica de Sarela.
Programa 20.
As secuelas cognitivas e a súa rehabilitación. Con Junquera Novo, psicóloga/neuropsicóloga no Servizo de Atención Especializada de Sarela.
Programa 19.
As secuelas físicas e a súa rehabilitación. Con Susana Suárez, fisioterapeuta na Servizo de Atención Especializada de Sarela.
Programa 18.
Voluntariado en Sarela. Con Majo Hermida, terapeuta ocupacional e responsable do programa de voluntariado. Falamos de aspectos prácticos como o marco normativo, formas de colaborar, do voluntariado realizado por persoas con dano cerebral etc.
Programa 17.
Violencia contra as mulleres e discapacidade. Na semana do 25 de novembro, Día internacional da erradicación da violencia contras as mulleres, Rocío García (psicóloga-neuropsicóloga e directora de Sarela) fala deste problema desde a perspectiva da discapacidade.
Programa 16.
O Dano Cerebral Adquirido infantil. Con Rocío García, psicóloga-neuropsicóloga e directora de Sarela.
Programa 15.
Información, orientación e apoio á familia. Olalla Domínguez, traballadora social de Sarela, fala da importancia de ter, á hora de afrontar a nova situación derivada do DCA, unha información adecuada sobre esta discapacidade, recursos existentes, apoio doutras familias etc.
Programa 14.
Terapia acuática. Con Majo Hermida, terapeuta ocupacional de Sarela. Falamos deste complemento terapéutico e lúdico ao proceso de rehabilitación.
Programa 13.
Conmemoración do Día do Ictus. Con Eugenia Veloso, traballadora social de Sarela. Falamos da que é a primeira causa de DCA e de morte en Galicia.
Programa 12.
Conmemoración do Día do Dano Cerebral Adquirido. Con Concha Otero, vicepresidente de Sarela, e Luciano Fernández, secretario de Sarela e presidente de FEGADACE (Federación Galega de Dano Cerebral) e de FEDACE (Federación Española de Dano Cerebral).
Programa 11.
Podemos volver traballar cun Dano Cerebral Adquirido? Noelia Parente, educadora social e orientadora laboral en Sarela, fala das claves sobre a incorporación ao posto de traballo, opcións de inserción, compatibilizar prestacións sociais e emprego etc.
Programa 10.
A disfaxia. Alimentación e hidratación segura en persoas con problemas para tragar. Con Ruth González, Logopeda de Sarela.
Programa 9.
Cousas que debes saber cando o teu familiar está no hospital. Con Laura Segade, (traballadora social de Sarela)
Programa 8.
Podemos conducir tras un Dano Cerebral Adquirido? Con Majo Hermida (terapeuta ocupacional de Sarela).
Programa 7.
O Dano Cerebral Adquirido e relacións familiares. Como convivir en parella? Con Noelia Ouro (psicóloga-neuropsicóloga de Sarela).
Programa 6.
Como é un Centro de día especializado en dano cerebral adquirido . Alba Mouzo, terapeuta ocupacional e coordinadora deste servizo, fala da importancia deste recurso de atención integral e especializada ás persoas con DCA en fase crónica ou de estabilización.
Programa 5.
Recursos de atención ao Dano Cerebral Adquirido. Laura Segade, traballadora social de Sarela, fala dos medios destinados a devolver á persoa con DCA a maior independencia e capacidade funcional posible co fin de desenvolver unha vida plena no seu entorno.
Programa 4.
Agora que? Que podemos facer á saída do hospital se temos un Dano Cerebral Adquirido?
Ana Ruiz, terapeuta ocupacional e coordinadora do Servizo de Atención Especializada, fala de secuelas, fases de rehabilitación e do modelo de rehabilitación do dano cerebral adquirido.
Programa 3.
Falamos da última obra do grupo de teatro de Sarela, con Noelia Parente, educadora social de Sarela.
Programa 2.
Consellos de prevención. Hábitos saudábeis. Con Eugenia Veloso, traballadora social de Sarela.
Programa 1.
O Dano Cerebral Adquirido. Que é? Causas. Secuelas. Os servizos de Sarela. Con Rocío García (psicóloga-neuropsicóloga e directora de Sarela) e Olalla Domínguez (traballadora social de Sarela)