• centro sarela interior 795x180

A NOSA SEDE

    • Sede de Sarela. Vista exterior.
    • Sede de Sarela. Sala de fisioterapia.
    • Sede de Sarela. Vista exterior.
    • Sede de Sarela. Sala multisensorial.
    • Sede de Sarela. Piscina accesible.
    • Sede de Sarela. Sala polivalente.
    • Sede de Sarela. Sala de informática.
  • Anterior
  • Seguinte

Imaxes exteriores e interiores da sede de Sarela.
Preme na imaxe para ver a seguinte.

A sede de Sarela está situada no barrio do Castiñeiriño e inaugurouse oficialmente en decembro de 2016. É o resultado da suma de esforzos e compromisos: do Concello de Santiago cedendo a parcela, da Deputación da Coruña implicándose na súa construción e equipamento e, o máis importante, de toda a cidadanía que grazas ao 0’7 solidario do IRPF achegou a maior parte do investimento.

As instalacións destinadas aos distintos servizos (que ocupan 1.632 metros cadrados útiles) son cómodas e permiten dar a mellor atención ás persoas usuarias. O Centro Sarela dispón de:

  • Salas polivalentes para o desenvolvemento de diferentes actividades.
  • Salas de fisioterapia.
  • Sala de estimulación multisensorial.
  • Despachos de psicoloxía, logopedia, terapia ocupacional e traballo social.
  • Sala de curas.
  • Comedor.
  • Cociña.
  • Piscina accesible.
  • Sala de actividade física.
  • Sala de formación.
  • Sala de informática.
  • Administración.
  • Terraza exterior.

Adaptado e completamente accesible, o centro conta con solucións tecnolóxicas avanzadas e dotacións postas ao servizo da atención das persoas como a sala multisensorial, o comunicador Tobii PcEye, a sala de informática ou a piscina, entre outras.


A sala multisensorial recrea ambientes accesibles física e cognitivamente que fomentan a estimulación dos sentidos, a interacción e a comunicación. Nela traballamos a comunicación, as emocións ou a interacción recreando ambientes e sensacións a través de estímulos visuais, auditivos, táctiles etc. Está dotada de elementos como unha cama de auga, fibras ópticas, canós de son e imaxe, panel interactivo etc.

O Tobii PcEye é un sistema de manexo do ordenador a través dos ollos. Funciona coma un rato e destaca pola súa grande precisión.Facilita a comunicación persoal na vida cotiá e achega a posibilidade de interactuar en momentos importantes como é na atención médica, a valoración xurídica de incapacidade ou a declaración de últimas vontades, por citar só uns exemplos. Na nosa canle de Youtube podes ver unha explicación do seu funcionamento. PINCHA AQUÍ.

A piscina accesible está deseñada pensando especificamente nas persoas con problemas de mobilidade, incluso severos. Está equipada cunha grúa que permite chegar ao vaso directamente desde o vestiario. A auga, como todo o ambiente, está climatizada. Podes acceder a unha explicación detallada da actividade acuática NESTE ENLACE.


A sala de informática está dotada de adaptacións (ratos, teclados, pantallas etc) para que as persoas usuarias accedan aos dispositivos e ás súas funcións.

 

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar Rechazar