Facer que se coñeza a realidade desta discapacidade e ampliar os recursos para a súa atención é tarefa de todos e todas. Por iso é tan importante asociarse: unha pequena cuota pode contribuír a mellorar a calidade de vida dunha persoa con dano cerebral adquirido e a súa familia.
Sarela está declarada, desde 2008, asociación de utilidade pública. Esta certificación constitúe ante todo un recoñecemento ao traballo que desenvolve no seu día a día, pero supón tamén unha vantaxe para todas aquelas persoas físicas e xurídicas que queiran facer aportacións.
As persoas e entidades que colaboran deben lembrar solicitar o recibo que xustifica a súa aportación; este documento é fundamental certificar a doazón.
Na sección específica nesta páxina dedicada ao VOLUNTARIADO tes toda a información sobre este programa.