• slide interiores

Editorial

Acompáñanos nesta travesía que Sarela leva realizando dende o ano 2000. Non podemos disimular que é unha viaxe dura e difícil, cansa ás veces, e non exenta de frustracións, pero ao final terá a súa recompensa; de feito, tena día a día.

Pretendemos devolver a ilusión a aquelas persoas ás que a vida llela arrebatou, poñerlle cara ás ignoradas, dar voz a quen enmudeceu, levantar a quen caeu.

Imos recuperar o estatus da persoa e do cidadán para aqueles que só son número e estatística. Recuperar para eles e para elas o dereito de gozar dunha vida digna.

É por iso que, unha vez máis, pedímosche que nos acompañes, que compartas connosco eses valores e esa necesidade de axudar aos que non se poden axudar a si mesmos. Iso faranos máis grandes como persoas e máis fortes como grupo e como sociedade.

Únete a quen cremos que

UNHA VIDA SALVADA MERECE SER VIVIDA

Danko é unha curtametraxe de Sarela Producións elaborada polas persoas usuarias da asociación.

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.