A transparencia é un principio de boas prácticas básico para Sarela. Neste apartado detállase toda a información sobre actividades, contas, equipo técnico, xunta directiva, calidade, e calquera outra cuestión relacionada co funcionamento e estrutura da asociación.
Sarela é unha asociación declarada de utilidade pública polo Ministerio de Interior desde o 19 de xuño de 2008. A certificación pódese consultar a continuación:
Sarela dispón dun sistema de xestión da calidade conforme coa Norma ISO 9001:2015, certificado por AENOR, para a prestación do servizo de información, orientación e apoio ás familias; a prestación do servizo de atención diúrna terapéutica; servizo de atención especializada; orientación laboral y mantemento; mellora da autonomía persoal e inclusión social para persoas con dano cerebral adquirido.
Sarela está dada de alta no rexistro de actividades económicas para activar o pagamento do IVA polos produtos que ofrece na tenda online. Certifícao este documento: