• centro sarela interior 795x180

Plan Estratéxico 2017 - 2020

  • Plan Estratéxico 2017 - 2020
  • Plan Estratéxico que rexe o traballo de Sarela no período 2017-2020.

  • Baixar ficheiro

PRESENTACIÓN

O Plan Estratéxico é unha das ferramentas, coas que pode e debe contar todo equipo de goberno dunha entidade sen ánimo de lucro, que queira facer fronte aos cada vez máis complexos e esixentes retos, que se lle presentan no actual contexto de cambio profundo e continuo da súa contorna.

Para xestionar con éxito o futuro, os membros dunha entidade han de estar concienciados da necesidade de cambiar e adaptarse para ser fieis á súa misión fundacional. É preciso pasar dunha xestión intuitiva a unha máis sistemática e asentada nunha visión compartida. En definitiva, imponse a necesidade de incorporar a dirección estratéxica.

Sarela, Asociación de dano cerebral de Compostela (SARELA), co Plan Estratéxico 2017- 2020, quere seguir utilizando esta ferramenta fundamental para realizar o substancial cambio que supón a decisión de incorporar a dirección estratéxica.

A elaboración dun Plan Estratéxico, dende un enfoque participativo, é unha aventura apaixonante para os que se comprometen na tarefa dunha maneira máis directa. En SARELA esta tarefa foi posible grazas ao xeneroso esforzo de familias, directivos e profesionais. Máis de 10 persoas participaron nos equipos de elaboración deste documento.

O traballo de elaboración do Plan Estratéxico 2017-2020 ocupou case medio ano de intenso traballo para o Grupo de Traballo do Plan Estratéxico, motor do proceso.

As 7 sesións de traballo do Grupo fan case 30 horas de traballo compartido. No camiño quedan as numerosas horas de traballo en equipos de Comisión.

Este documento que presentamos é froito da reflexión e traballo de numerosas persoas que estudaron, reflexionaron, compartiron, realizaron achegas... que, en definitiva, contribuíron a construír este itinerario de viaxe para os próximos catro anos que é o Plan Estratéxico de SARELA 2017-2020.

Na Misión, Principios, Valores e Políticas poderás coñecer a razón de ser de SARELA, a quen se debe, cales son os seus puntos de partida innegociables, os valores que inspiran a súa acción e as políticas que desenvolve.

Na Análise Estratéxica preséntase o resultado do profundo traballo de análise interna e da contorna que permitiu realizar un diagnóstico da situación na que se atopa a entidade e as oportunidades e ameazas que a contorna lle presenta para o desenvolvemento da súa misión.

No apartado de Visión e estratexia e sucesivos, atoparás o contido máis determinante do documento: qué posicionamento quere alcanzar SARELA no 2020, é dicir, a súa visión, así como as prioridades, obxectivos e metas que se marca para poder alcanzar este posicionamento de futuro.

As liñas de acción apuntan os grupos de actividades e tarefas que será oportuno desenvolver para que SARELA, que se define como unha entidade sen ánimo de lucro promovida por familias afectadas por dano cerebral adquirido, que opera no ámbito xeográfico da área sanitaria de Santiago de Compostela, acade o seu propósito de contribuír a previr o dano cerebral adquirido e os seus efectos, proporcionar ás familias e ás persoas directamente afectadas apoios 3 para a potenciación máxima das súas capacidades, promover a súa autonomía persoal e reivindicar e defender os seus dereitos.

Con este documento xa se ten o mapa. Agora comeza a apaixonante tarefa de transitar o territorio, de continuar facendo realidade o proxecto de dignidade que SARELA ofrece ás persoas afectadas por dano cerebral adquirido no seu ámbito xeográfico de actuación.

Unimos o noso esforzo tamén ó cumprimento daquelas accións que impliquen executar a estratexia que a Federación Española de Daño Cerebral aprobou no mes de xuño deste ano no seu Plan Estratéxico 17-21.

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.