Estos son os postos de acción voluntaria nos que podes colaborar actualmente de forma presencial no noso centro ou no entorno comunitario:
Número de prazas: 3
Modalidade: presencial
Descrición da actividade: as saídas no entorno comunitario forman parte das actividades que desenvolven nos diferentes servizos que oferta a entidade. As saídas que se realizan teñen diferentes temáticas (física, cultural, ocio etc) pero sempre co mesmo fin: a inclusión social das persoas con DCA e o desfrute dos recursos comunitarios que temos ao noso alcance como cidadáns e cidadás, dende un parque, o cine, un bar ou un museo.
Labor da persoa voluntaria: acompañamento e/ou apoio ás persoas con DCA que o precisen para levar a cabo a actividade organizada.
Horario: por definir. Depende sa planificación da actividade, polo xeral polas mañas, cun horario entre as 10:00 e as 13:00. Avisaríase con tempo para favorecer a organización da actividade.
Contacto: se xa eres voluntario/a, a través do correo electrónico , senón, podes cubrir o formulario da web para pedir información sobre como facerte voluntario/a.
Estos son os postos de acción voluntaria a distancia nos que podes colaborar actualmente:
Nº de prazas: 2
Modalidade: virtual
Descrición da actividade: “Café Express” é unha actividade na que as persoas con Dano Cerebral Adquirido (DCA) e voluntarias teñan un espazo onde poder charlar, compartir experiencias e coñecer a outras persoas.Esta actividade foi creada co obxectivo de fomentar as relación interpersoais, xa que, unha das consecuencias a nivel social e persoal do DCA é o illamento social.
Labor da persoa voluntaria: a persoa voluntaria compartiría o tempo dun “café” a través dunha aplicación de videochamada cunha persoa con DCA a que lle apeteza coñecer a novas persoas e compartir as súas experiencias.
Horario: por definir. Depende da dispoñibilidade das persoas usuarias. Avisaríase con tempo para favorecer á organización da actividade.
Contacto: se xa eres voluntario/a, a través do correo electrónico , senón, podes cubrir o formulario da web para pedir información sobre como facerte voluntario/a.
Nº de prazas: 2
Modalidade: virtual
Descrición da actividade: “English Breakfast” é unha actividade que busca dar resposta á inquedanza de aprender un novo idioma. Á busca de novos retos é algo que nos caracteriza a todos/as, e que nos mantén motivados e activos.
Labor da persoa voluntaria: Realizar pequenas clases de inglés básico online, para as persoas con DCA interesadas da entidade. A persoa voluntaria tería contacto co persoal de referencia, que lle indicaría as preferencias e as necesidades de cada persoa.
Horario: por definir. Depende da dispoñibilidade das persoas usuarias. Avisaríase con tempo para favorecer a organización da actividade.
Contacto: se xa eres voluntario/a, a través do correo electrónico , senón, podes cubrir o formulario da web para pedir información sobre como facerte voluntario/a.
Nº de prazas: 2
Modalidade: virtual
Descrición da actividade: “Falado de todo un pouco…” é un espazo onde debater, poñer en común e falar sobre diferentes contidos culturais: libros, películas, series, cancións…
A través desta actividade búscase o aprendizaxe mutuo e tamén nutrirse dos coñecementos e gustos de outras persoas, atopar intereses comúns e descubrir ao mesmo tempo novos contidos!
Labor da persoa voluntaria: a persoa voluntaria tería contacto cunha persoa, ou cun pequeno grupo de persoas, con DCA, para falar sobre un tema que acordaran previamente: unha película, un capítulo dunha serie, un artigo dunha revista,…
Horario: por definir. Depende da dispoñibilidade das persoas usuarias. Avisaríase con tempo para favorecer a organización da actividade.
Contacto: se xa eres voluntario/a, a través do correo electrónico , senón, podes cubrir o formulario da web para pedir información sobre como facerte voluntario/a.
Nº de prazas: 1
Modalidade: Virtual
Descrición da actividade: Hoxe en día, as redes sociais son un punto clave para chegar á sociedade e ás persoas con DCA, por iso, é importante mantelas actualizadas e cun contido apropiado e específico sobre o que se quere transmitir e cómo se quere transmitir.
Labor da persoa voluntaria: apoio ao responsable de comunicación na xestión e creación de contidos das redes sociais da asociación.