• banner-dano-cerebral-sarela-1300x250

Colaboración en Radio Lalín

Sarela e Radio Lalín (106.8 FM) colaboran no programa conducido por Gúmer Portas para sensibilizar e informar sobre o Dano Cerebral. A través de entrevistas con profesionais da entidade, persoas usuarias dos nosos servizos, membros da xunta directiva, familiares etc abórdanse temas xerais e outros máis específicos sobre o DCA.

  • Programa 19 (21 de febreiro 2024) - O recoñecemento das persoas con discapacidade coa reforma da Constitución española.

  • Montse Terceiro, socia de Sarela con dano cerebral, dá a visión en primeira persoa da reforma constitucional que, entre outras medidas, elimina o termo diminuída/o para referirse ás persoas con discapacidade e pon o énfase sobre os dereito e deberes que teñen esas persoas como cidadás e cidadáns libres e iguais. Montse tamén fala do grupo de primeira persoa de Sarela e que está formado por persoas con dano cerebral para tomar a palabra e participar de forma directa nos espazos sociais de representación da entidade.

Loading Audio Player...

  • Programa 18 (23 de novembro 2023) - A disfaxia (problemas para tragar) e a adaptación dos alimentos.

  • Marta Ferreiro, logopeda, fala da disfaxia que é  é a dificultade para tragar que teñen moitas persoas con dano cerebral adquirido e que tamén afecta a outras con alzhéimer, esclerose lateral amiotrófica etc, ou que tiveron distintos tipos de cancro que afectan á zona da lingua, beizos, larinxe, etc. Tamén explica as  alternativas teñen estas persoas para desfrutar da comida.

Loading Audio Player...

  • Programa 17 (27 de setembro 2023) - A intervención especializada no DCA infantil

  • Majo Hermida, terapeuta ocupacional e coordinadora do Servizo de Atención Especializada, fala da intervención específica con nenos e nenas con Dano Cerebral, da súa participación en aspectos da vida diaria como é escola, o lecer etc. 

Loading Audio Player...

  • Programa 16 (21 de xuño 2023) - Análise da situación asistencial e social do DCA e retos do movemento asociativo

  • Nesta entrevista Luciano Fernández, secretario de Sarela e presidente de Fegadace, fai un repaso sobre a situación das persoas e familias con dano cerebral desde o punto de vista social, asistencial etc e fala dos retos inmediatos e estratéxicos do movemento asociativo, e en particular de Sarela.

Loading Audio Player...

  • Programa 15 (24 de maio 2023) - Cales son os proxectos que desenvolve Sarela grazas á Xsolidaria, a recadación na declaración da renda destinada a actividades de interese social?

  • Laura Segade, traballadora social, fala os servizos e programas de atención ao Dano Cerebral de Sarela que son posibles en parte á achega a través do 0’7% do imposto recadado coa declaración da renda. Laura tamén aclara dúbidas sobre como marcar o cadro 106 na declaración, da posibilidade de, sen pagar máis nin desgravar menos, marcar tamén a da igrexa católica etc.

Loading Audio Player...

  • Programa 14 (26 de abril 2023) - Colaborar como persoa voluntaria en Sarela

  • Noelia Parente é educadora social e responsable do programa de voluntariado de Sarela e explica cal é a visión deste tipo de colaboración en Sarela e como participar del. Acompáñaa Pedro Martínez, que participa como voluntario no mesmo.

Loading Audio Player...

  • Programa 13 (29 marzo 2023) - O Servizo de Información, Orientación e Apoio a Familias

  • Laura Segade, traballadora social, fala da importancia de ter, á hora de afrontar a nova situación derivada do DCA, unha información adecuada sobre esta discapacidade, recursos existentes, apoio doutras familias etc.

Loading Audio Player...

  • Programa 12 (22 febreiro 2023) - O Servizo de Orientación Laboral

  • Noelia Parente, educadora social e orientadora laboral de Sarela, fala sobre a situación das persoas con DCA en idade laboral e do enfoque de traballo do Servizo de Orientación Laboral para acadar o obxectivo de que volvan traballar.

Loading Audio Player...

  • Programa 11 (25 xaneiro 2023) - O Servizo de Mellora e Mantemento da Autonomía Persoal e Inclusión Social

  • Majo Hermida, terapeuta ocupacional, fala deste servizo, do que é coordinadora, e que está enfocado ás persoas que rematan o seu período de rehabilitación.

Loading Audio Player...

  • Programa 10 (23 de novembro 2022) - Como é un centro de día especializado en Dano Cerebral?

  • Alba Mouzo, terapeuta ocupacional e coordinadora deste servizo, fala da importancia deste recurso de atención integral e especializada ás persoas con DCA en fase crónica ou de estabilización.

Loading Audio Player...

  • Programa 9 (26 outubro 2022) - Celebración do Día do Dano Cerebral e do Día do Ictus

  • Rocío García, psicóloga/neuropsicóloga e directora de Sarela, fala dos actos de celebración do Día do DCA e do Día do Ictus, a primeira causa de dano cerebral.

Loading Audio Player...

  • Programa 8 - Radio Lalín (28 de setembro 2022) - Balance dun ano de funcionamento do Punto informativo de Lalín

  • Laura Segade, traballadora social, fai un balance do primeira ano de funcionamento en Lalín do Punto de información especializada en DCA posto en marchar coa colaboración do concello.

Loading Audio Player...

  • Programa 7 - Radio Lalín (27 de xullo 2022) - As secuelas cognitivas no DCA

  • A psicóloga Sonia Porto falas das secuelas cognitivas relacionadas co Dano Cerebral e que abranguen aspectos como á orientación espacial e temporal, atención, concentración, memoria, planificación, expresión e comprensión da linguaxe etc.

Loading Audio Player...

  • Programa 6 - Radio Lalín (22 de xuño 2022) - As secuelas condutuais e emocionais no DCA

  • Noela Ouro, psicóloga/neropsicóloga, explica estas secuelas, entre as que se atopan a impulsividade, a apatía, a inhibición, a axitación, a irritabilidade, ansiedade etc.

Loading Audio Player...

  • Programa 5 - Radio Lalín (25 de maio 2022) - As secuelas de comunicación do DCA e a súa rehabilitación

  • Marta Ferreiro, logopeda en Sarela, explica cales son as secuelas da comunicación, tanto as referidas á linguaxe como á fala, e a súa rehabilitación.
Loading Audio Player...

  • Programa 4 - Radio Lalín (27 de abril 2022) - A X Solidaria

  • Coincidindo co inicio do prazo para presentar a declaración da renda Laura Segade, traballadora social, explica como marcar o recadro de fins sociais axuda á atención de familias con Dano Cerebral.

Loading Audio Player...

  • Programa 3 - Radio Lalín (23 de marzo 2022) - As secuelas fisicas do DCA e a súa rehabilitación.

  • Emily Santalla, fisioterapeuta de Sarela, explica cales son as secuelas físicas do Dano Cerebral e que afectan por exemplo á execución de movementos, á regulación do ton muscular, á capacidade de manter o equilibrio ou á coordinación ou realización de movementos pero tamén poden supor dificultades para respirar ou afectar ao proceso de alimentación.

Loading Audio Player...

  • Programa 2 - Radio Lalín (23 de febreiro 2022) - Consellos cando o teu familiar está no hospital

  • Laura Segade, traballadora social, fala dos primeiros momentos aos que se enfrontan as familias cando están na fase hospitalaria do DCA; aclara termos ás veces confusos e mal empregados como os estados de coma, vexetativo etc e fala dos dereitos sanitarios e asistencias nese momento; fontes de asesoramento; estado afectivo e emocional da familia etc.

Loading Audio Player...

  • Programa 1 - Radio Lalín (31 xaneiro 2022) - Presentación: o dano cerebral e a súa atención especializada en Sarela.

  • Olalla Domínguez, traballadora social e coordinadora do Servizo de Información, Orientación e Apoio a Familias, explica que é o Dano Cerebral (causas, secuelas...) e presenta o obxectivo social de Sarela e seus servizos de atención ao DCA.

Loading Audio Player...

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información