• Asociacion-Dano-Cerebral-Compostela-Sarela

Fitos

imagen

2000

19 decembro. Constitúese Sarela, Asociación de Dano Cerebral de Compostela, sendo nomeado como presidente José Balboa Ayán.

imagen

2002

Alúgase un local na rúa do Ceo, no barrio das Cancelas, e acondiciónase para a creación ese mesmo ano do Centro de Atención e Rehabilitación de Dano Cerebral Sarela.

imagen

2003

9 de xaneiro inaugúrase o centro da rúa do Ceo. Ese ano ponse en marcha a atención ás persoas afectadas e familiares, con tratamentos de rehabilitación e grupos de autoaxuda. (Foto: José Balboa está acompañado por José María Hernández Cochón e Mar Bernal, Conselleiro de Sanidade e Concelleira de Servizos Sociais respectivamente).

imagen

2004

  • Consolídanse os seguintes programas: Información, orientación e apoio a familias; Prevención e sensibilización da comunidade e Atención e rehabilitación.

  • Comezan actividades propias de Centro de Día tres tardes á semana.

imagen

2005

Comeza o programa de voluntariado.

imagen

2007

Marzo. A Xunta de Galicia autoriza o inicio de actividades do Centro de Día  de Atención Especializada de Dano Cerebral Sarela.

24 de agosto. O Consello de Ministros declara o 26 de outubro  como “Día Nacional do Dano Cerebral Adquirido”, convertendo esta data nun acontecemento capaz de mobilizar á sociedade e de implicala na prevención e na atención das persoas afectadas  e aos seus familiares.

Decembro. Asínase un contrato de 12 prazas coa Xunta de Galicia. Iso implica ampliar horario (10 – 17:30) e comeza o servizo de comedor. 

imagen

2008

19 de xuño. Sarela recebe a Declaración de utilidade pública

imagen

2009

Acádase financiamento do Ministerio de Educación e Política Social, a través de Fedace, e da  Deputación da Coruña para a construción do novo centro no barrio do Castiñeiriño.

imagen

2010

A finais de ano comeza a construción do novo.

O 2 de decembro Sarela recebe o primeiro certificado de calidade ISO 9001.

 

imagen

2011

18 de marzo. Celébrase o acto de colocación da primeira pedra do novo centro.

imagen

2012

O Concello de Santiago cede un piso en Fontiñas para o proxecto “Construíndo futuro”, que foi a semente do Servizo de Orientación Laboral.

imagen

2013

21 xuño. Primeira obra de teatro “Sarela TV”. As seguintes foron “Sarela en camiño” (2014),  “En Sarela non hai quen viva” (2015), “Sarela e a fábrica de chocolate” (2016), Amar en tempos de Sarela (2017), “Neflis Sarela (2018)” e “Sarela 211” (2019). 

imagen

2014

Segundo contrato de prazas (11 para o Servizo de Atención Diúrna Terapéutica) coa Xunta de Galicia que permite e obriga ao traslado ao novo centro no mes de decembro.

imagen

2015

Celébrase o XV aniversario de Sarela.

En xaneiro comeza a actividade no novo centro mentres continúan as obras para os servizos de rehabilitación, ocupacional e piscina.

imagen

2016

9 de decembro. Acto de inauguración do novo centro.

Recepción no Parlamento de Galicia no Dia do DCA.

Permiso de inicio da actividade do Centro ocupacional (SADOC).

Proxecto piloto de aloxamento temporal a familias durante a estancia dun familiar no hospital.

imagen

2017

Comeza o servizo de Terapia acuática.

Primeira camiñada en Santiago con motivo do Día DCA.

imagen

2018

Primeira edición do acto “Baixo o mesmo paraugas” con motivo do Día da Discapacidade.

imagen

2019

Novos puntos informativos na Estrada, Arzúa e Ribeira.

A Xunta adxudica 2 concursos para SADT: renovación de 11 prazas e outro de 6 novas prazas.

Creación de MAPIS (Servizo de Mellora e Mantemento da Autonomía Persoal e Inclusión Social)

Calidade: a xestión de calidade ampliase e toda a entidade e obtense o Certificado ISO 9001:2015.

imagen

2020

XX aniversario de Sarela.

En febreiro Sarela recibe o XI Premio de Dereito Humanos outorgado polo Colexio de Avogados de Santiago.

En marzo decrétase o confinamento de toda a poboación para conter á COVID-19. Sarela pecha as súas portas e non as abre até o mes de xuño de forma escalonada.

imagen

2021

Foi un ano tamén marcado pola pandemia. Sarela protagonizou varias protestas para demandar a vacinación prioritaria das persoas e familias con dano cerebral.

Este ano abríronse novos puntos informativos en Lalín e Mazaricos.

imagen

2022

Celebramos o Día do Dano Cerebral percorrendo o Camiño de Santiago.

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información