• slide interiores

Noticias

Está vostede a visualizar todas as noticias

Xa podes consultar a memoria de actividades de 2017

Xa podes consultar a memoria de actividades de 2017
Xa temos colgada na web a memoria das actividades que realizamos o ano pasado e que previamente á súa publicación foi aprobada na asemblea xeral da asociación. É un resumo áxil do que fixemos en 2017 e poderás atopar a información dividida polos distintos servizos de Sarela así como outras informacións referidas á nosa vida asociativa e institucional.
Categorías: Sarela

Unha gran X Solidaria anima a marcar o cadro de fins sociais

Unha gran X Solidaria anima a marcar o cadro de fins sociais
Máis de 400 persoas de distintas entidades sociais de Galicia debuxamos na Praza do Obradoiro unha gran X solidaria para presentar a campaña que anima á cidadanía a marcar o recadro106 na súa declaración da renta para destinar a fins sociais parte do que aportan aos recursos públicos.
Categorías: Discapacidade
Tags: X Solidaria

Tes ou coñeces alguén con máis de 65 anos, experiencias e tempo para compartir?

Tes ou coñeces alguén con máis de 65 anos, experiencias e tempo para compartir?
Estamos a poñer un marcha un proxecto, conxuntamente con Fegadace e a Obra Social “La Caixa”, para que persoas con máis de 65 anos colaboren con nós como voluntarias. É unha oportunidade de coñecer o traballo de Sarela e establecer novas relacións con outras persoas.
Categorías: FEGADACE , Voluntariado

Guía 2018 de axudas sociais e servizos para familias

Guía 2018 de axudas sociais e servizos para familias
O Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade publica anualmente a Guía de Axudas Sociais e Servizos para as Familias co obxectivo de facilitar información ás persoas que teñen responsabilidades familiares sobre as prestacións, beneficios e servizos que teñen á súa disposición no ámbito da Administración do Estado.

Sabes cales son as secuelas do dano cerebral adquirido?

Sabes cales son as secuelas do dano cerebral adquirido?
As secuelas do DCA son diferentes, heteroxéneas e xeran distintos tipos e niveis de discapacidade segundo a persoa e a lesión. FEGADACE e as asociacións galegas que a conformamos vimos de facer un vídeo para explicalas e destacar a importancia dunha rehabilitación especializada.
Categorías: FEGADACE

Aberta ata o 30 de abril a exposición "Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido"

Aberta ata o 30 de abril a exposición "Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido"
Onte celebramos a inauguración da exposición na sala Campus Stellae, na Praza da Quintana, que se pode visitar de luns a venres en horario de 9 a 20 horas.
Categorías: FEGADACE

Asemblea xeral ordinaria o 23 de marzo

Asemblea xeral ordinaria o 23 de marzo
Será ás 17:45 h. na sede da asociación.
Categorías: Sarela

FEGADACE inaugura o día 20 a exposición Punto e Seguido

FEGADACE inaugura o día 20 a exposición Punto e Seguido
Este traballo quere amosar a realidade das persoas con dano cerebral adquirido. Tamén se vai estrear unha curtametraxe co mesmo título. Será o martes 20 ás 19 horas na Sala de exposicións Campus Stellae.
Categorías: FEGADACE

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.