A Deputación da Coruña cofinancia a rehabilitación en Sarela

10/09/2014

Contribúe a sufragar os tratamentos individuais a persoas con dano cerebral.

O modelo de atención ás persoas con dano cerebral adquirido que promoven as asociacións como Sarela consta de diferentes aspectos, que van desde o potenciamento da inclusión social ata o apoio psicolóxico ou o asesoramento a familias. Unha das partes fundamentais deste modelo é a rehabilitación multidisciplinar, onde as persoas que teñen dano cerebral reciben apoio e aprenden técnicas para recuperar as capacidades limitadas polo dano cerebral.
 
A Deputación da Coruña colabora con Sarela para que a asociación poida prestar estes servizos a través do 'Programa de rehabilitación en Dano Cerebral Adquirido', que vai recibir da institución provincial, no ano 2014, unha dotación de 14.115,98 euros.
 
O programa de atención e rehabilitación a persoas con dano cerebral adquirido comprende tratamentos de logopedia, fisioterapia, terapia ocupacional e psicoloxía/neuropsicoloxía. Comeza a prestarse inmediatamente despois da fase aguda do dano cerebral, cando a persoa recibe a alta hospitalaria. Cando chega á asociación realízase unha avaliación persoal na que se establece en que medida e intensidade a persoa debe recibir cada tratamento, e este iníciase inmediatamente.
 
Este programa está sendo cofinanciado pola Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia -mediante os programas de carácter sociosanitario- e fondos propios da Asociación de Dano Cerebral de Compostela.
 
Na imaxe, dúas persoas usuarias de Sarela reciben tratamento na sala de fisioterapia.
 

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información