A secretaria xeral de Política Social visita Sarela

25/03/2015

Acompañada pola subdirectora xeral de Recursos Residenciais e Atención Diúrna.

O centro de Sarela recibiu esta mañá a visita da secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, que chegou acompañada da subdirectora xeral de Recursos Residenciais e Atención Diúrna, Carmen Calviño. Ámbolos dous cargos dependen da Consellería de Traballo e Benestar, que establece e supervisa a normativa relacionada con centros de día e todo tipo de recursos de atención a persoas con discapacidade ou en situación de dependencia.
 
Visita de Coro Piñeiro e Carmen Calviño.Visita de Coro Piñeiro e Carmen Calviño.
 
Coro Piñeiro e Carmen Calviño saúdan ás traballadoras (á esquerda) e ás persoas usuarias (á dereita).
 
Coro Piñeiro e Carmen Calviño foron recibidas pola directora de Sarela, Rocío García, a vicepresidenta da asociación, Concha Otero, e a coordinadora de FEGADACE, Lucía Mendoza. Unha vez no centro, tiveron a oportunidade de falar coas traballadoras da asociación e de saudar, no comedor, ás persoas usuarias do centro de día, que remataban o xantar.
 
A comitiva visitou as instalacións do centro de día e, a continuación, achegouse ás partes do edificio aínda sen rematar. 
 
*Na fotografía superior, de esquerda a dereita, Lucía Mendoza (coordinadora de FEGADACE), Carmen Calviño (subdirectora xeral de Recursos Residenciais e Atención Diúrna), Coro Piñeiro (secretaria xeral de Política Social), Concha Otero (vicepresidenta de Sarela) e Rocío García (directora de Sarela).

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información