En perigo a distribución solidaria do IRPF de interese social

19/02/2016

Os avances acadados co 0,7 % do IRPF de interese social está en risco de desaparición tras as recentes sentenzas

Sucesivas sentenzas do Tribunal Constitucional e do Tribunal Supremo recoñeceron que o Estado non é competente para xestionar os fondos recadados cando marcamos o cadro destinado a fines sociais da declaración da renda, tal como reclamou a Generalitat e a Mesa do terceiro sector de Cataluña. Segundo os pronunciamentos xudiciais agora serán as comunidades autónomas as que teñan esa competencia ao ser súas tamén as de servizos sociais.

 

FEDACE (Federación española de daño cerebral) considera que estas decisións xudiciais, cuxa orixe son formalismos competenciais, poñen en perigo un modelo de redistribución social que demostrou ser solidaria. Nos trinta anos de existencia o actual modelo de xestión demostrou a súa validez para chegar de xeito eficaz ás persoas en situación de exclusión en España.

 

Neste sentido, FEDACE resalta que a xestión centralizada do IRPF de interese social permitiu apoiar ás persoas con dano cerebral adquirido é a súas familias á hora de construír novos proxectos de vida nunhas circunstancias moi desfavorables. FADACE resalta que os proxectos xestionados pola federación e as súas asociacións atenderon a 7.460 persoas con DCA en 2015 grazas á solidariedade da cidadanía expresada a través de la denominada “X Solidaria”; o cadro de fines sociais de la declaración de la renda.

 

Co programa de información, formación e apoio a familias a 5.125 familias que tras a lesión cerebral recibiron asistencia para afrontar a nova situación con Dano Cerebral Adquirido. A través do programa de promoción da autonomía persoal e inclusión social prestouse  atención directa a máis de 1.300 persoas.

 

Nos últimos sete anos o programa de centros de atención e tratamento de persoas con DCA posibilitou a construción e equipamento de centros en Madrid, Santiago de Compostela, Vigo, Granada, Cádiz, Valencia y Barcelona, vinculados ao movemento asociativo.

 

FEDACE únese ao resto do movemento asociativo da discapacidade, articulado en torno ao CERMI e á Plataforma del Tercer Sector de Acción Social, para solicitar o respaldo social e a vontade política para tomar as medidas legais que preserven o modelo de xestión que mellor garante a equidade, cohesión social e coherencia territorial.

 

Categorías: Sarela , FEDACE , Terceiro sector

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información