• servizos sarela 795x180

Noticias

"Entro cun ictus, saio cun DCA"

"Entro cun ictus, saio cun DCA"

Co fin de axudar á sociedade a previr a lesión cerebral, a campaña “Entro cun Ictus, saio cun Dano Cerebral” da Federación Española de Dano Cerebral (FEDACE) e das 36 entidades que a integran, pretende sensibilizar á poboación sobre a importancia de recoñecer os accidentes cerebrovasculares (ACV) ou Ictus, así como a súa consecuencia, o Dano Cerebral Adquirido.



“Entro cun Ictus, saio cun DCA” trata de concienciar sobre a necesidade de ter un sistema accesible que garanta a atención universal e inclusiva ao Dano Cerebral e que poida incluír ás familias como beneficiarias.



Para logralo, esta iniciativa susténtase en dous vídeos que teñen como  protagonistas unha persoa con dano cerebral da asociación APANEFA (Madrid) e un familiar de ADACE CLM (Castela A Mancha), que narran a súa experiencia persoal ao entrar no hospital cun ictus, a situación na que se atopan ao sobrevivir á lesión e a condición de ter como consecuencia un DCA para sempre.



Ademais, a campaña estará presente en redes sociais co hashtag #IctusEsDCA, para todo aquel que queira sumarse e en Madrid será mostrada nas estacións e vagones da rede de transporte público grazas á colaboración de Metro Lixeiro de Madrid.



O Accidente Cerebro Vascular (ACV) ou Ictus, palabra pola que é máis coñecido, supón o 78% dos máis de 100.000 novos casos anuais que provocan Dano Cerebral Adquirido en España. As persoas que sobreviven a esta lesión, enfróntanse coa posibilidade de ter secuelas de tipo funcionais e/ou cognitivas como hemiplexías, dificultades na linguaxe, rixidez muscular ou alteracións da conduta polo que se fai máis necesario dotar á sociedade de coñecemento sobre a consecuencia, o Dano Cerebral.

 

Texto da nova: FEDACE

Categorías: FEDACE , Ictus
Tags: FEDACE, ictus

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.