Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
O Compartir nº 96 recolle as novidades do movemento asociativo.
A Federación Española de Daño Cerebral (FEDACE) publica hoxe o último número do seu boletín mensual 'Compartir'. O Compartir nº 96 recolle a actualidade de todo movemento asociativo, dentro da que salienta a crónica de actividades polo Día do Dano Cerebral Adquirido.
Sarela ocupa un oco importante no boletín aportando as súas actividades do Día do DCA e do Día do Ictus. Compartir tamén informa do proxecto 'mFACILyTA', no que a Asociación de Dano Cerebral de Compostela participa xunto con outras catro entidades de Castelló -Ateneo-, Pamplona -ADACEN-, Zaragoza -ATECEA- e Cádiz -ADACCA-.
Compartir recolle un artigo de opinión da presidenta de FEDACE, Amalia Diéguez, sobre '26 de octubre: la atención al daño cerebral, un derecho de todos'. Ademais, inclúe a axenda do dano cerebral das vindeiras semanas, noticias sobre discapacidade, e máis novidades das asociacións de DCA.