Fin de semana de viaxe no Bierzo

11/06/2014

Persoas usuarias de Sarela pasaron tres días en El Bosque de los Sueños.

Esta fin de semana un grupo de persoas usuarias de Sarela estiveron no Bierzo gozando dun respiro familiar organizado por FEGADACE. Ademais de Sarela, participaron na viaxe as asociacións de dano cerebral de Lugo, ADACE, e a da Coruña, ADACECO.
 
A excursión saíu o venres ao mediodía de Sarela, para chegar á tardiña ao albergue El Bosque de los Sueños. Dúas furgonetas da asociación desprazaron a once persoas usuarias, catro profesionais e dúas voluntarias ata a localidade de Cubillos del Sil, onde está o albergue. Ao chegar repartíronse e asentáronse en tres bungalows veciños. A continuación presentáronse ás demais asitentes das outras asociacións, cearon, e retiráronse a durmir polo cansazo da viaxe.
 
A xornada do sábado foi máis animada, xa que levou a excursión a Ponferrada. Pola mañá visitaron o Museo da Radio e estiveron de paseo pola zona vella da cidade. Volveron xantar ao Bosque de los Sueños, e pola tarde, despois de descansar, deron outro paseo ata a piscina e cafetaría colindantes ao albergue. Voltaron para a cea e, despois, os que non sucumbiron ao sono estiveron de festa xogando ao Furor coas persoas usuarias de ADACE-Lugo.
 
O domingo, despois do almorzo, repartíronse as funcións entre facer as maletas e recoller os bungalows, e diferentes xogos no xardín de El Bosque de los Sueños. Fixeron un xantar tipo picnic e emprenderon a viaxe de volta. Chegaron a Santiago pasadas as seis da tarde.
 
O respiro familiar é unha actividade concibida para facilitar o descanso das familias de persoas en situación de dependencia, especialmente das persoas coidadoras principais, ao tempo que se favorece a inclusión social e se facilita que as persoas con discapacidade dispoñan de espazos de lecer.
 
    Respiro. Tarde do sábado Respiro. Furor Respiro. Furor Respiro. Picnic
Categorías: Sarela , FEGADACE
Tags: voluntariado

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información