O equipo de redacción de Día a día.

Novo boletín elaborado desde o centro de día

20/04/2017

Día a día é o novo boletín creado no servizo de atención diúrna terapéutica e que ten como redacción ás súas persoas usuarias. Edítano unha vez ao mes e nel queren resumir as actividades que fan no centro de día, presentar a través de entrevistas a voluntarios/as, profesionais de Sarela etc.

Día a día é o novo boletín creado no Servizo de Atención Diúrna Terapéutica (SADT) e que ten como redactores ás súas persoas usuarias. Edítano unha vez ao mes e nel queren resumir as actividades que fan no centro de día, festas, saídas culturais etc; presentar a través de entrevistas a voluntarios/as, profesionais de Sarela etc, e opinar sobre calquera tema de actualidade.

 

Este boletín xurdiu como unha idea dentro dunha das actividades semanais que se realizan no SADT e que se chama “A redacción”, un tempo no que analizan a actualidade xeral e de Sarela. Día a día cubre o oco que deixou o blog de Sarela e que deixamos de actualizar ao considerar as profesionais que, atendendo ao perfil das nosas persoas usuarias, era máis conveniente o novo soporte e método de traballo.

 

Mensualmente iremos colgando na web e en formato pdf cada número que poden ser lidos e descargados aquí.

 

 

Categorías: Sarela
Tags: SADT

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información