As pensións galegas, as segundas máis baixas de España en marzo

28/03/2014

Cobran unha media aproximada de 730,77 euros

As pensións en Galicia seguen sendo das máis baixas de toda España, situándose as segundas pola cola tras Estremadura. A media na comunidade ascende a 730,77 euros en marzo, o que supón un crecemento do 1,9% en relación co mesmo mes de 2013, segundo os datos facilitados este martes polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
 
Por provincias, o número de pensións aumentou un 1,5% en Pontevedra ata as 229.543; un 1,2% na Coruña, ata as 285.617; e un 0,4% en Ourense, situándose en 109.193. Por contra, en Lugo descenderon un 0,1 por cento, ata as 119.440 prestacións. A contía media por provincias foi de 770,59 euros na Coruña, un 1,9% máis que o mesmo mes do ano anterior; 770,4 euros en Pontevedra, o que supón un incremento do 2%; 648,02 euros en Lugo, un 1,7% máis; e 633,82 euros en Ourense, un 1,5% máis. En concreto, a pensión media de xubilación situouse en marzo en 824,08 euros en Galicia con 459.852 beneficiarios; a de viudedade ascende a 525,56 euros e 186.272 pensionistas; a de incapacidade permanente está en 805,43 euros e 69.159 beneficiarios; a de orfandade en 365,05 euros e 22.791 pensionistas; e a de a favor de familiares en 466,68 euros e 5.719 prestacións.
 
Por comunidades autónomas, sete delas máis Ceuta superaron en marzo a pensión media nacional, establecida en 867,53 euros ao mes. País Vasco (1.071,67 euros), Madrid (1.026,86 euros) e Asturias (1.024,47 euros) rexistraron as pensións máis elevadas. Séguenlles Navarra (987,19 euros), Aragón (905,84 euros), Cantabria (905 euros), Cataluña (896,97 euros), Ceuta (895,57 euros), Castela e León (847,93 euros), A Rioxa (835,13 euros), Melilla (827,08 euros), Canarias (809,56 euros), Castela-A Mancha (807,10 euros), Comunidade Valenciana (798,70 euros), Baleares (795,77 euros) e Andalucía (787,19 euros). Pechan a táboa, coas pensións menos cuantiosas, Murcia, cunha pensión media de 765,15 euros mensuales; Galicia, con 730,77 euros, e Estremadura, con 730,59 euros ao mes.
 
*Información extraída de El País.
 
Categorías: Dependencia

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información