Momento da reunión. Rocío García, segunda pola esquerda. (Imaxe: web Defensor del Pueblo).

Sarela participa na reunión de expertos/as para abordar a atención a menores con dano cerebral adquirido

15/11/2018

O mércores 14 de novembro o “Defensor del Pueblo” organizou na súa sede en Madrid unha xornada de traballo sobre o dano cerebral adquirido infantil na que participaron, segundo a propia institución, “as principais entidades de pacientes e afectados ademais de expertos do ámbito sanitario”. Rocío García, directora de Sarela, participou na mesma como unha das persoas representates de FEDACE (Federación Española de Dano Cerebral).

O mércores 14 de novembro o “Defensor del Pueblo” organizou na súa sede en Madrid unha xornada de traballo sobre o dano cerebral adquirido infantil na que participaron, segundo  a propia institución, “as principais entidades de pacientes e afectados ademais de expertos do ámbito sanitario”. Rocío García, directora de Sarela, participou na mesma como unha das persoas representates de FEDACE (Federación Española de Dano Cerebral).

 

A xornada foi inaugurada polo Defensor del Pueblo, Francisco Fernández Marugán, e a Adxunta Segunfa, Concepció Ferrer. O obxectivo da xornada segundo  foi, segundo a información deste órgano encargado de defender os dereitos fundamentais e a liberdades públicas,” coñecer de primeira man os criterios acerca dos retos presentes e as prioridades que se considera preciso abordar nos servizos públicos de atención social e sanitaria a estes nenos e nenas”.

 

En 2015, o Defensor iniciou unha actuación de oficio ante as administracións sanitarias para coñecer os recursos e procedementos dispoñibles en cada comunidade autónoma para a atención ao dano cerebral adquirido infantil tras constatar que este grupo de pacientes carece maioritariamente dun circuíto asistencias axeitado ás súas características.

 

En 2018 volveu solicitar información ás administracións para actualizar os datos na primeira actuación. Con este encontro a institución pretende completar a información enviada polas distintas administracións competentes para elaborar un documento final de conclusións e, no seu caso, formular as recomendacións oportunas.

 

El Defensor del Pueblo e FEDACE (Federación Española de Dano Cerebral) manteñen unha relación estable e así en 2016 a institución publicou un estudio conxunto sobre a realidade do dano cerebral adquirido en España.

 

 

(Información elaborada con datos da páxina web www.defensordelpueblo.es)

 

 

 

Categorías: FEDACE
Tags: FEDACE

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información