Sarela leva hoxe a súa campaña de prevención do ictus ao Clínico

20/02/2014

Profesionais, voluntariado e persoas usuarias de Sarela informarán á poboación.

Os últimos datos sobre mortalidade publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE) a finais de xaneiro indican que o ictus segue sendo a segunda causa de morte en España. A primeira no caso das mulleres.

 

Ademais de matar, o ictus provoca discapacidade. É a principal causa do dano cerebral adquirido (DCA), nun 78% dos casos. Estímase que hai unhas 35.000 persoas con dano cerebral en Galicia.

 

Unha das reclamacións principais do movemento asociativo do dano cerebral é un plan de prevención do ictus. Mentres a administración non o desenvolve, Sarela leva a cabo as súas propias accións de sensibilización e información.

 

Unha vez ao mes, profesionais, persoas usuarias da asociación –todas con DCA provocado por ictus- e persoas voluntarias acoden a un centro sanitario de Santiago para informar sobre as causas do ictus, a súa detección, e as súas posíbeis consecuencias.

 

A experiencia de Sarela a través desta campaña de sensibilización indica que o coñecemento social das causas, consecuencias e prevención do ictus é moi limitado, polo que a prioridade para a asociación desta actividade informativa aumenta.

 

A próxima cita será hoxe (25 de febreiro), de 9:30 a 12:30 hh, na entrada do Hospital Clínico, en Santiago. A asociación convida a observar o traballo informativo que desenvolven as persoas con dano cerebral adquirido repartindo folletos e proporcionando enquisas de valoración do coñecemento do DCA.
 

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información