Sarela visita a exposición 'Miradas que falan'

06/03/2015

Colección de fotografías do dúo La Diapo.

'Miradas que falan' é o título da exposición de fotografías que La Diapo amosa estes días na Fundación Granell, en Compostela, e que as persoas usuarias do centro de día de Sarela visitaron esta mañá. Os autores, de nome artístico e profesional La Diapo, son un dúo de fotógrafos profesionais que pretendían, con esta colección, promover a inclusión social das persoas con discapacidade intelectual.
 
As fotografías xorden dunha visita ao Centro Pai Menni, especializado en discapacidade intelectual, onde os profesionais de La Diapo realizaron unha serie de retratos das persoas usuarias. A continuación puxéronos en relación con outra serie de retratos de actores e actrices que se emparellaron e inspiraron nas primeiras fotografías. Colaboran coa iniciativa caras coñecidas como as de Luis Zahera, Isabel Blanco, Camila Bossa, Victor Mosqueira, César Goldi, Blanca Cendán, Patricia Vázquez, Belén Constenla e Yolanda Muiños.
 
Dentro do seu ciclo de visitas culturais, Sarela organiza saídas todos os venres pola mañá. As persoas usuarias do centro de día divídense en grupos para facilitar os desprazamentos, polo que só as que saíron hoxe puideron apreciar desta mostra, que xa vai ser retirada.
 
Ademais do labor de sensibilización que realizan a través de 'Miradas que falan', os profesionais de La Diapo levan realizado máis labores solidarios coas persoas con discapacidade. Recentemente colaboraron con Sarela realizando, a través do voluntariado, unha serie de retratos do equipo profesional e da xunta directiva.
 
Hai máis información sobre o proxecto 'Miradas que falan' na web de La Diapo.
 
    Visita á mostra 'Miradas que falan' Visita á mostra 'Miradas que falan' Visita á mostra 'Miradas que falan'
Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información