Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
FEGADACE fixo público o informe final do estudo 'Coñecemento do diagnóstico e recursos das Persoas con dano cerebral adquirido, medindo a cobertura das necesidades do colectivo', que se desenvolveu entre 2016 e principios deste ano en sete hospitais de Galicia. O documento constata, entre outras conclusións, a falta de coordinación entre os servizos sanitarios e sociais na atención a persoas con dano cerebral adquirido.
O luns 3 de decembro conmemoramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade Baixo o mesmo paraugas, unha acción de cooperación asociativa que Sarela organizou xunto con outras asociacións da cidade. Ese día xuntámonos simbólicamente na Praza do Obradoiro para reivindicar que as persoas con discapacidade sexan consideradas como cidadáns de pleno dereito.
A Sociedad Española de Neurología (SEN) publicou o informe “Impacto das enfermidades neurolóxicas na mortalidade español” que matiza os datos do Instituto Nacional de Estadística sobre as causas de mortalidade en España ao agrupar enfermidades cerebrovaculares (ictus), tipo alzheimer e de parkinson.
O luns 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e para conmemoralo Sarela súmese á na acción de cooperación asociativa Baixo o mesmo paraugas. Galicia pola diversidade. Ese día ás 12:00 estaremos xunto outras asociacións da cidade na Praza do Obradoiro para reivindicar que as persoas con discapacidade sexan consideradas como cidadáns de pleno dereito.
Xoves 22 e venres 23 de novembro celebramos en Madrid o IV Congreso Nacional de DCA, un acontecemento que servirá para analizar e reflexionar sobre a realidade actual desta discapacidade. Familiares e profesionais de Sarela asistirán como público pero tamén para compartir coñecemento nos actos programados pola Federación Española de Dano Cerebral.
O mércores 14 de novembro o “Defensor del Pueblo” organizou na súa sede en Madrid unha xornada de traballo sobre o dano cerebral adquirido infantil na que participaron, segundo a propia institución, “as principais entidades de pacientes e afectados ademais de expertos do ámbito sanitario”. Rocío García, directora de Sarela, participou na mesma como unha das persoas representates de FEDACE (Federación Española de Dano Cerebral).
Sarela, a través do seu Servizo de Atención Diúrna Ocupacional (SADOC), participou activamente cun posto de información propio en Talentia 2018. Esta foi a primeira edición dun encontro organizado polo Concello de Santiago que busca a dinamización do emprego e o fomento do talento.
O sábado 10 de novembro o Auditorio de Galicia acolleu un concerto familiar da Real Filharmonía de Galicia que quería servir tamén para dar visibilidade a Sarela e ao dano cerebral adquirido. Esa tarde a sala Mozart do Auditorio encheuse con mil persoas entre nenos e maiores que puideron escoitar as explicacións que José Balboa, presidente da asociación, deu sobre a entidade e o dca.