Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
No mes do Día do Dano Cerebral, persoas con Dano Cerebral comparten que necesidades tiveron para a súa rehabilitación especializada. Este ano, as reclamacións de FEDACE no Día nacional do Dano Cerebral van estar centradas na necesidade de que todas as persoas con Dano Cerebral poidan acceder, desde o minuto cero, a unha rehabilitación específica e especializada; independentemente da súa residencia, idade, secuelas ou capacidade económica.
As entidades que formamos o movemento asociativo do dano cerebral a nivel estatal lanzamos esta campaña para, a partir do testemuño de profesionais, chamar explicar os beneficios da atención especializada e animar ás persoas con dano cerebral e ás familias a continuar ou iniciar a actividade nos servizos das entidades.
O movemento asociativo considera que é imprescindible incluír ás persoas con DCA e ás persoas coidadoras entre os grupos de poboación prioritarios nos plans de vacinación. A variedade de secuelas, a existencia de pluripatoloxías asociadas, o autoconfinamento ao que se someten moitas persoas e familias polo medo ao contaxio son só algunhas das razóns que nos levan a solicitar unha vez máis unha medida que consideramos de xustiza.
Conclúe que non existe un modelo de atención homoxéneo entre Comunidades Autónomas. FEDACE defende a creación dunha normativa estatal que garanta unha igualdade de dereitos sociosanitarios.