Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Será o 17 de setembro e nel participarán persoas e familias das cinco asociacións galegas. Haberá un xantar de convivencia no parque de Galeras. Este proxecto forma parte do programa “O Teu Xacobeo” financiado pola Xunta de Galicia e o Xacobeo 2021-2022.
As imaxes, obra do fotógrafo compostelán Aigi Boga, realizáronse nas cinco asociacións galegas de dano cerebral e están protagonizadas por persoas con distintos graos de discapacidade e en diferentes situacións que amosan o seu día a día.
Fegadace e as cinco entidades membro celebran o 20 aniversario do movemento asociativo cun vídeo no que participan persoas con dano cerebral e un libro cos principais fitos vividos nestas dúas décadas. Amplía a información para descargar o libro e ver o vídeo.
O movemento asociativo considera que é imprescindible incluír ás persoas con DCA e ás persoas coidadoras entre os grupos de poboación prioritarios nos plans de vacinación. A variedade de secuelas, a existencia de pluripatoloxías asociadas, o autoconfinamento ao que se someten moitas persoas e familias polo medo ao contaxio son só algunhas das razóns que nos levan a solicitar unha vez máis unha medida que consideramos de xustiza.
A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) quere facer público o seu malestar polo sistema e pasos que o Servizo Galego de Saúde está a seguir na administración da vacina contra a COVID-19. FEGADACE tamén manifesta a súa preocupación pola vulnerabilidade fronte ao coronavirus tanto das profesionais que atenden ao colectivo de persoas con dano cerebral adquirido, como do propio colectivo de persoas con esta discapacidade, a meirande parte delas grandes dependentes (Grao III).
FEGADACE e a Unidade de Odontoloxía para Pacientes con Necesidades Especiais, da Universidade de Santiago de Compostela,elaboraron tres vídeo-titoriais con indicacións sobre como debe ser o coidado diario da hixiene oral dunha persoa con dano cerebral sexa independente ou con dependencia (moderada ou severa).