O Dano Cerebral Adquirido (DCA) é pouco coñecido pero seguro que che son familiares as súas causas: ICTUS, traumatismos cranioencefálicos por accidentes, tumores cerebrais, falta de osíxeno por unha parada cardiorrespiratoria ou un afogamento etc. As secuelas, moitas veces invisibles, poden ser moi variadas.
O DCA chega de forma inesperada, sen avisar. Superados os primeiros momentos debemos pensar na rehabilitación, na recuperación e mantemento das capacidades e en volver á vida social e laboral. A atención inmediata e especializada por un equipo multidisciplinar é a mellor forma de acadalo.
Porque somos coma ti. Persoas e familias que pasamos por unha situación parecida. Sabemos o que se sente pero tamén o que precisas. As mesmas necesidades e inquedanzas foron as que nos levaron a organizarnos hai máis de 20 anos. Hoxe os nosos servizos atenden case todas as necesidades das persoas e familias.
O acto principal do 26 de outubro será unha andaina aberta a toda a cidadanía que percorrerá as rúas da Cidade Vella desde a Alameda (saída ás 11:30 h. da estatua dedicada a Maruxa e Coralia) até a praza do Obradoiro. Alí, sobre as 12:00 h. diante da casa do Concello, persoas con dano cerebral e familiares lerán o manifesto que recolle o sentir e reivindicacións do movemento asociativo.
16/10/2023
No curso anterior este proxecto permitiu traballar con 18 nenos e nenas de 16 centros educativos. Durante o curso tamén se realiza un traballo continuo de coordinación con titores/as, orientadores/as, profesores/as, xefes/as de estudio etc. Os pais e nais tamén participan no proxecto, recibindo o apoio necesario e as estratexias que favorezan a intervención co neno/a.
25/09/2023
A norma aprobada incrementa as prestacións económicas, establece por primeira vez un importe mínimo nas axudas, aumenta as horas de atención no domicilio e dá maiores facilidades para as persoas coidadoras, entre outros aspectos.
21/08/2023
O pasado 29 de xullo celebrouse a quinta edición da Arousaman-Arousawoman, a travesía a nado entre O Grove e Ribeira, e na que Sarela colabora para dar visibilidade ao DCA. Persoas socias da entidade e da xunta directiva estiveron presentes como voluntarias na saída e chegada da proba que reuniu a máis de corenta nadadores e nadadores. A raíz desta colaboración xurdiu a posibilidade de nadar na XI Travesía O Fisgón de Moaña.
20/08/2023
Recibe novas no teu email