Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
O DCA, ademais da ruptura do ciclo vital, pode traer consigo a desestruturación da familia, perda de relacións sociais, falta de recoñecemento social e familiar da persoa coidadora, precariedade económica, afrontar aspectos xurídicos e legais, entre outras consecuencias. Neste artigo as nosas traballadoras sociais Eugenia Veloso e Olalla Domínguez falan da súa responsabilidade á hora de cubrir estas necesidades.Con el continuamos a serie que estamos a publicar por especialidades.
Onte presentouse na Casa do Concello de Ribeira a segunda edición do “Arousa Man-Manolo O Nacho”. Todos os participantes destacaron o dobre obxectivo social e deportivo desta proba que reunirá a 19 nadadores e nadadoras para percorrer os 13 quilómetros que separan O Grove da praia de Coroso en Ribeira.
O sábado 29 de xullo volve á ría de Arousa a ArousaMan 2017 – Manolo O Nacho. Será a segunda edición desta travesía a nado, tras a primeira de 2015, que organiza un grupo de amigos afeccionados á natación en augas abertas para chamar a atención sobre as dificultades que teñen que vivir as persoas con dano cerebral adquirido.
O venres 7 de xullo o grupo de teatro de Sarela representou no Auditorio de Galicia a súa última obra, Amar en tempos de Sarela. Aquí deixamos algunhas imaxes que deixou esa tarde
Hoxe compartimos a mañá cunha representación das traballadoras e traballadores do CPAP (Centro de Promoción da Autonomía Persoal) de Bergondo (A Coruña). Oito profesionais de diferentes especialidades e o director do mesmo, Francisco Javier Nieto Pol, coñeceron a sede de Sarela e posteriormente xunto coas nosas profesionais fixeron unha posta en común de experiencias.