Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Nos vindeiros días o centro de día de Sarela sumará 6 novas prazas públicas ás 23 actuais grazas á nova achega da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Deste xeito, das 40 prazas autorizadas neste servizo especializado en dano cerebral adquirido 29 estarán cubertas pola administración autonómica. A conselleira Fabiola García visitou hoxe Sarela para coñecer de primera man todos os servizos e programas da asociación.
Neste artigo un grupo de familiares de persoas con DCA que asisten ao centro de día reflexionan sobre a súa condición de coidadores/as e falan da súa experiencia no grupo de apoio no que participaron durante case dous anos.