Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Cuarto artigo da serie que facemos por especialidades. Neste caso dúas dos nosas psicólogas falan da necesidade de non separar psicoloxía e neuropsicoloxía, dándolle a importancia que merecen os aspectos condutuais e emocionais.
FEGADACE fai dez anos en 2017. A voz común de ADACECO (A Coruña), ADACE Lugo, Alento (Vigo), Renacer (Ourense) e Sarela (Compostela) acada a súa primeira década de vida avanzando "pasiño a pasiño" cara o benestar de todas as familias e persoas con dano cerebral adquirido.
Día a día é o novo boletín creado no servizo de atención diúrna terapéutica e que ten como redacción ás súas persoas usuarias. Edítano unha vez ao mes e nel queren resumir as actividades que fan no centro de día, presentar a través de entrevistas a voluntarios/as, profesionais de Sarela etc.
Desenvolveranse en Bergondo e en Nigrán. As solicitudes e documentación pódense presentar ata o 2 de maio. Toda a información da oferta, impresos etc nesta nova.
Estamos a desenvolver os proxectos “Facilyta el movimiento” e “Les facilyta” conxuntamente con asociacións de Cataluña, Castela a Mancha, Sevilla e Burgos dentro da comunidade impulsada pola Fundación Vodafone. O primeiro busca fomentar a práctica do deporte e actividade física e o segundo a implicación en tarefas de voluntariado entre as persoas con DCA e na comunidade co apoio das novas tecnoloxías.
O centro de Sarela foi construído grazas aos fondos recadados co X Solidario. Ese pequeno xesto de marcar o recadro de”Actividades de interese social” fixo posible ter unhas instalacións cómodas para as persoas usuarias e profesionais. Ata o 30 de xuño podemos presentar a nosa declaración e seguir coloborando coas ONG.