Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Minerva García fixo a entrega simbólica desta doazón a Concha Otero, vicepresidenta de Sarela. A quinta edición desta travesía a nado na ría de Arousa celebrouse o 29 de xullo. A iniciativa naceu en 2015 grazas a Manuel Martínez “O Nacho”, unha persoa con DCA, que busca darlle visibilidade a esta discapacidade.
Esta mañá Sarela recibiu a visita do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e da conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, para coñecer os servizos de atención especializada en dano cerebral e escoitar as propostas tanto das persoas usuarias como da xunta directiva. Sarela transmitiu a necesidade de situar ao DCA no centro das políticas públicas sobre discapacidade (de sanidade, servizos sociais, emprego etc) dada a súa dimensión social.
Tras décadas de reivindicación e traballo da sociedade civil, encabezada polo Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), o Congreso dos Deputados aprobou o xoves 18 a reforma do artigo 49 da Constitución para substituír a palabra “diminuídos” pola expresión “persoas con discapacidade”. A reforma non é só un cambio lingüístico pois implica unha mudanza no enfoque da discapacidade na Carta Magna. Hoxe a reforma foi aprobada no Senado e entrará en vigor cando sexa publicado no BOE.
Os e as protagonistas volven ser persoas usuarias dos nosos servizos e este ano chaman a atención sobre o seu dereito á accesibilidade cognitiva. En 2024 Sarela traballará este tema ao consideralo imprescindible para que as persoas con discapacidade, e especialmente con Dano Cerebral, teñan semellantes condicións e oportunidades para desenvolverse plenamente en sociedade.