Novas

Subscríbete ao noso boletín

Recibe novas no teu email

  • Reproducimos o manifesto reinvindicativo que, con motivo da celebración hoxe da Día Internacional da Muller, fai público a Fundación Cermi Mujeres, unha organización creada polo Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) para a defensa e acción do pleno goce de todos os dereitos humanos e liberdades fundamentais das mulleres e nenas con discapacidade. Na fotografía da noticia, mulleres usuarias e profesionais de Sarela súmanse ao lema do manifesto “O futuro que queremos!”.

    Ler máis
    08/03/2024
  • A colaboración do concello fai posible o funcionamento deste punto de información nas dependencias municipais de Servizos Sociais Comunitarios (Estrada de Tanxil, 12) e que tamén atende á poboación Dodro e Lousame. Súmase aos da Estrada, Ribeira, Arzúa, Lalín e Mazaricos que xa viñan funcionando. A atención será gratuíta e con cita previa que se pode concertar no teléfono de Sarela 981 577 037 ou a través dos servizos sociais dos concellos.

    Ler máis
  • Minerva García fixo a entrega simbólica desta doazón a Concha Otero, vicepresidenta de Sarela. A quinta edición desta travesía a nado na ría de Arousa celebrouse o 29 de xullo. A iniciativa naceu en 2015 grazas a Manuel Martínez “O Nacho”, unha persoa con DCA, que busca darlle visibilidade a esta discapacidade.

    Ler máis
    05/02/2024
  • O Servizo de Información, Orientación e Apoio a familias oferta diversas actividades destinadas ás persoas coidadoras. Hai actividades que se poden facer acompañadas e outras só de forma individual e todas poden realizarse en calquera momento ata final de ano. Entre as opcións hai balneario, almorzos e merendas, masaxes, obradoiros de cociña, restauración de mobles etc.

    Ler máis
  • Esta mañá Sarela recibiu a visita do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e da conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, para coñecer os servizos de atención especializada en dano cerebral e escoitar as propostas tanto das persoas usuarias como da xunta directiva. Sarela transmitiu a necesidade de situar ao DCA no centro das políticas públicas sobre discapacidade (de sanidade, servizos sociais, emprego etc) dada a súa dimensión social.

    Ler máis
    19/01/2024
  • Tras décadas de reivindicación e traballo da sociedade civil, encabezada polo Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), o Congreso dos Deputados aprobou o xoves 18 a reforma do artigo 49 da Constitución para substituír a palabra “diminuídos” pola expresión “persoas con discapacidade”. A reforma non é só un cambio lingüístico pois implica unha mudanza no enfoque da discapacidade na Carta Magna. Hoxe a reforma foi aprobada no Senado e entrará en vigor cando sexa publicado no BOE.

    Ler máis
    19/01/2024
  • Os e as protagonistas volven ser persoas usuarias dos nosos servizos e este ano chaman a atención sobre o seu dereito á accesibilidade cognitiva. En 2024 Sarela traballará este tema ao consideralo imprescindible para que as persoas con discapacidade, e especialmente con Dano Cerebral, teñan semellantes condicións e oportunidades para desenvolverse plenamente en sociedade.

    Ler máis
    10/01/2024

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información