A asociación Arousaman doa a Sarela 1.200 euros recadados na última edición da súa travesía a nado

05/02/2024

Minerva García fixo a entrega simbólica desta doazón a Concha Otero, vicepresidenta de Sarela. A quinta edición desta travesía a nado na ría de Arousa celebrouse o 29 de xullo. A iniciativa naceu en 2015 grazas a Manuel Martínez “O Nacho”, unha persoa con DCA, que busca darlle visibilidade a esta discapacidade.

Sarela quere agradecer, ademais de á Asociación Deportiva Cultural Arousaman, a todas ás persoas e entidades que participaron e colaboraron na organización desta nova edición e que permitiu acadar a recadación de 1.200 euros. Esta doazón será destinada para os traballos de sensibilización e atención do DCA que realiza Sarela e tamén para desenvolver o proxecto “Nado polo dano cerebral' para a promoción do deporte acuático na abordaxe do dano cerebral.

A travesía a nado Arousaman-Arousawoman naceu en 2015 e é unha proba non competitiva que se celebra cada dous anos. O seu impulsor é o ribeirense Manuel Martínez “O Nacho”, unha persoa con Dano Cerebral Adquirido como secuela dun neurinoma do acústico, un tumor cerebral benigno que afecta a 1 de cada 100.000 persoas ao año.

Con este reto Manuel Martínez quixo simbolizar as dificultades e medos polas que pasa unha persoa e unha familia con Dano Cerebral. Os nadadores e nadadoras que percorren as 7,04 millas náuticas (13.038 metros) entre O Grove e Ribeira poden pensar en abandonar debido á dureza do reto pero o obxectivo é afrontar esas dificultades. Juan Ramón Martínez, irmán de Manuel e un dos organizadores, resúmeo cunha frase: “nós catro horas, eles toda a vida”.

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información