Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Sarela asinou coa empresa SEFER S.L un convenio para que as persoas usuarias do SADOC (Servizo de atención diúrna ocupacional) de Sarela realicen prácticas nesta empresa padronesa do sector do aluminio. Ramón Fernández Angueira, responsable da empresa, e José Balboa, presidente de Sarela, asinaron o acordo que permitirá avanzar na integración laboral destas persoas.
“Imaxinade que un día calquera de vós espertades nunha habitación descoñecida, rodeados dos vosos seres queridos e sen entender nada do que pasa ao redor. Intentas preguntar e ves que non podes dicir nada, diríxense a ti e non entendes, parece que che falan noutro idioma”. Así comeza o artigo de Vanessa Mantiñán, logopeda, que continúa coa serie de artigos que por especialidades estamos a publicar.
O Congreso dos Deputados acolleu, con motivo do debate dunha proposición non de lei, a comparecencia de Yolanda Fonseca (presidenta da Asociación de Daño Cerebral Infantil Hiru Hamabi 3/12) e de Luciano Fernández (presidente de FEDACE e secretario de Sarela) para falar da situación do DCA en España e especificamente do que afecta a nenos e nenas.
“Amar en tempo de Sarela” é a quinta obra creada integramente e representada polo seu grupo de teatro. Quen o desexe xa pode reservar as entradas (6 euros) pasando pola nosa sede ou chamando ao 981577037.
Majo Hermida, unha das nosas terapeutas ocupacionais, e Diego Veiga, usuario do SADOC (Servizo de atención diúrna ocupacional), explícannos en menos de 2 minutos a utilidade que el lle dá á aplicación #Mefacilyta á hora de facer deporte. Debido aos problemas de memoria, Diego utilízaa como apoio os días que vai adestrar ao pavillón da Pontepedriña.
Carlos Beade, usuario do SADT (Servizo de Atención Diúrna Terapéutica) entrevista a María López e Cristina Rivas, dúas estudantes que están facendo prácticas con nós, e que este mes publicamos no boletín Día a día realizado neste servizo.
FEGADACE (Federación Galega de Dano Cerebral) conmemora este ano o seu 10º Aniversario e para celebralo a noso tradicional Foro de Familias será unha gran festa na que terán cabida todo o movemento asociativo do dca. Celebrarémola en Santiago de Compostela o sábado 17 de xuño.