Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
O Dano Cerebral ten un gran impacto na persoa con Dano Cerebral e tamén en toda a familia, e dentro dela na persoa que asume o rol de coidadora principal. Por iso é tan importante o traballo específico con elas e os Grupos de apoio para familias son un elemento fundamental pois neles créase un espazo propio onde compartir vivencias, dúbidas, inquedanzas, información etc.
Desde hoxe e ata o 2 de maio está aberto o prazo para solicitar as axudas individuais do Concello de Santiago para uso do taxi como medio alternativo para as persoas con dificultades de mobilidade, ou que presentan limitacións para o uso do transporte colectivo. Cobren os gastos realizados desde o 1 de xaneiro ata o 30 de setembro de 2022. As persoas solicitantes deben estar empadroados e residir en Santiago.
O proxecto está impulsado por FEGADACE, a Asociación Arousaman e o nadador Aitor de Luis do colectivo Batalla de Rande para a promoción do deporte acuático na abordaxe do dano cerebral, e para a organización dunha travesía a nado solidaria.
Sarela continuou, no primeiro trimestre de ano, co programa Stop Fenda Dixital. Promovido por FEGADACE, está a desenvolverse nas cinco entidades galegas de dano cerebral.
Hoxe as federacións e redes que representan ao Terceiro Sector galego na loita contra a pobreza e a exclusión social presentaron a campaña da X Solidaria facendo unha chamada á sociedade para que marque o recadro 106 de Actividades de Interese Social na súa Declaración da Renda. No acto leuse o manifesto conxunto das entidades e que se reproduce a continuación.