Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
A continuación reproducimos o manifesto reinvindicativo que, con motivo da celebración hoxe da Día Internacional da Muller, fai público a Fundación Cermi Mulleres, unha organización creada polo Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) para a defensa e acción do pleno goce de todos os dereitos humanos e liberdades fundamentais das mulleres e nenas con discapacidade. Na fotografía da noticia, mulleres usuarias e profesionais de Sarela súmanse ao lema “Eu decido”.
Recentemente Sarela comezou a atender a unha familia inmigrante que está en situación de exclusión social. A familia está formada por 3 mulleres, unha das cales ten o DCA e outra é unha menor de 10 anos. Agora poñemos a disposición de quen desexe axudar a esta familia dun Bizum de Sarela.
As persoas usuarias do Servizo de Atención Diúrna Terapéutica recibiron a visita por sorpresa dun xeneral e dunha correo do Entroido tradicional da Ulla, no que están incluídas as parroquias compostelás de Angrois, Marrozos, Aríns e Santa Lucía. Nos días previos, dentro das actividades que realizan no servizo, as persoas usuarias traballaron sobre este Carnaval rural tradicional, festa declarada de Interese Turístico de Galicia.
“Presentámonos. Somos un grupo de persoas con Dano Cerebral Adquirido usuarias dos servizos de Sarela e estamos a compartir con vós moitos temas interesantes. Queremos que desfrutedes, vos emocionedes, alegredes e incluso vos enfadedes lendo as nosas entradas. O que non queremos e que quededes indiferentes”. Así se expresan os/as administradores/as do blog de Sarela e que son persoas usuarias dos servizos da entidade.
Cada ano Sarela edita un calendario que cambia o seu enfoque pero sempre trata un aspecto do Dano Cerebral ou da propia entidade. En 2023 o calendario xiran en torno a 12 montaxes fotográficas que simbolizan as afeccións, gostos, desexos, inquedanzas etc das persoas que as protagonizan.