Visita do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, a Sarela

24/10/2023

Esta mañá Sarela recibiu a visita do conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Julio García Comesaña, da xerente da Área sanitaria de Santiago e Barbanza, Eloína Núñez, e do delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor. Este encontro celebrouse no contexto de celebración este xoves 26 do Día Nacional do Dano Cerebral Adquirido.

O conselleiro, a xerente e o delegado provincial foron acompañados na súa visita ás instalacións que Sarela ten no barrio do Castiñeiriño por José Balboa (presidente de Sarela) e Concha Otero (vicepresidenta), Rocío García (directora de Sarela), Begoña Hermida (directora de Fegadace), e por Juan Martínez (persoa con DCA).
 
Ademais de coñecer as instalacións e os criterios de intervención especializada de Sarela, tiveron contacto con persoas usuarias dalgúns dos servizos da entidade que lle trasladaron algunhas das súas inquedanzas e demandas como colectivo. Tanto as persoas usuarias como os representantes da entidade insistiron na importancia de que as persoas e familias con DCA, unha vez saen do sistema sanitario, conten coa información axeitada para afrontar a súa nova vida con Dano Cerebral.
 
A xunta directiva de Sarela agradece o interese amosado polo conselleiro de Sanidade, quen pediu que se lle trasladen as propostas que poidan mellorar a atención ás persoas e familias e comprometeuse a estudar solucións a través dos recursos sanitarios.

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información