Actividades para celebrar o Día do Dano Cerebral

02/10/2019

Sarela e o resto de entidades do movemento asociativo do DCA celebran, un ano máis, o venres 26 de outubro o Día do Dano Cerebral e, a semana seguinte, o 29 o Día do Ictus. O acto principal será a andaina que faremos desde a Alameda até a praza do Obradoiro onde leremos o manifesto no que recollemos o sentir e reivindicacións do movemento asociativo. Tamén teremos mesas informativas e outras accións de visibilización. Entra na noticia para ter máis detalles.

Sarela eo resto de entidades do movemento asociativo do DCA celebran, un ano máis, o venres 26 de outubro o Día do Dano Cerebral e, a semana seguinte, o 29 o Día do Ictus. O acto principal será a andaina que faremos desde a Alameda até a praza do Obradoiro onde leremos o manifesto que non lembramos ou sentir e reivindicacións do movemento asociativo. Tamén teremos mesas informativas e outras accións de visibilización. Entra na noticia para ter máis detalles.

 

Día do Dano Cerebral Adquirido celébrase desde 2007, ano no que o Consello de Ministros oficializou o 26 de outubro como data para dar visibilidade ao colectivo de persoas con DCA. Foi a proposta de FEDACE (Federación Española de Dano Cerebral) e desde aquela este día converteuse nun espazo de reivindicación para todo o colectivo das necesidades de atención das persoas con DCA e súas familias.

 

Estes son os actos que haberá en Santiago, organizados por Sarela e tamén por FEGADACE (Federación Galega de Dano Cerebral) para conmemorar o Día do Dano Cerebral e o Día do Ictus (a primeira causa de dano cerebral adquirido).

 

SÁBADO 26 | DÍA DO DANO CEREBRAL ADQUIRIDO

11:00 h. Andaina e lectura do manifesto do movemento asociativo

O punto de encontro para a saída é na estatua das Marías. Desde alÍ sairemos ás 11:00 e faremos un percorrido pola cidade vella até a Praza do Obradoiro. Ás 12:00, diante da Casa do Concello, leremos o manifesto que elaborado por FEDACE (Federación Española de Dano Cerebral).

 

Noite do sábado 26

Iluminación do Pazo de Raxoi e das Torres Hejduk no Gaiás CdC.

 

MARTES 29 (DÍA DO ICTUS)

Mesas informativas entre as 10:00 e as 13:00 no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, Hospital da Barbanza (Ribeira), Centro de saúde da Estrada e Centro de Saúde de Arzúa.

 

CICLO DE CHARLAS NOS CENTROS SOCIOCULTURAIS DE SANTIAGO

No mes de outubro Sarela comezará un intenso programa de encontros informativos sobre o dano cerebral nos centros socioculturais da cidade, e que se prolongará até finais de ano. No mes de outubro achegarémonos até a Pontepedriña, Santa Marta, Vite, Sar, San Pedro (A Trisca), as Fontiñas e o Romaño. En novembro a Villestro, A Rocha, A Gracia, Amio, Lavacolla e San Lourenzo. En decembro a Figueiras e á Almáciga. Toda a información será ampliada neste web. 

 

22 OUTUBRO – 8 NOVEMBRO

EXPOSICIÓN: PUNTO E SEGUIDO. A VIDA DESPOIS DO DANO CEREBRAL ADQUIRIDO.

Biblioteca Pública Ánxel Casal (vestíbulo)

Horario de 8:30 a 21:00 h.

Esta magnífica exposición regresa a Santiago para pechar o seu percorrido polas cidades galegas. A través das fotografías de Aigi Boga, amosa que sucede nas vidas destas persoas e familias unha vez reciben a alta hospitalaria e teñen que comezar a convivir cunha nova realidade.

Durante os días que dure a exposición tamén haberá unha mostra de libros relacionados dalgún xeito con DCA e que forman parte dos fondos da biblioteca.

Organiza: FEGADACE (Federación Galega de Dano Cerebral)

 

MÉRCORES 30 OUTUBRO

PRESENTACIÓN DA NOVELA IRIDIUM

Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal (Salón de actos)

19:30 horas

O autor Francisco Castro (escritor e director de Galaxia) e Amparo Rodicio, neuropsicóloga de Alento (Asociación de Dano Cerebral de Vigo). Novela protagonizada por unha rapaza que ten dano cerebral adquirido, onde se fala sobre discapacidade, prexuízos, respecto á diferenza, inclusión, etc.
Organiza: FEGADACE (Federación Galega de Dano Cerebral)

 

16 AO 31 DE OUTUBRO

VISIÓNS SOBRE O DANO CEREBRAL ADQUIRIDO NO CINEMA”

Ciclo que nos achega ao tratamento da inclusión e da discapacidade no cine. Todas as proxeccións comezan co pase dun vídeo elaborado por FEGADACE e o ilustrador Miguel Gallardo, ‘O mundo púxose ao revés’, e rematan cunha sesión de debate sobre a relación entre a película e o tratamento que fai da discapacidade. A entrada é de balde ata completar o aforo. Organiza: FEGADACE (Federación Galega de Dano Cerebral).

O meu fermoso cerebro roto (My beautiful broken brain. Sophie Robinson & Lotje Sodderland, 2014). 86 m. VOSE

Auditorio Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)

Mércores, 16 outubro | 19:00 horas.

 

Máis alá do espello (Más allá del espejo. Joaquim Jorda , 2006). 123 m. VO

Auditorio Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)

Mércores, 23 outubro | 19:00 horas.

 

Anxos sen paraíso (1963). 102 m. VOSE

Auditorio Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)

Xoves, 31 de outubro | 19:00 horas.

 

 

 

 

 

Categorías: Sarela , Día do Dano Cerebral

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información