As persoas usuarias volven ao centro de día tralas vacacións

02/09/2014

Fin das vacacións na Asociación de Dano Cerebral de Compostela.

As vacacións vanse acabando para todo o mundo, deixando oco para retomar a actividade diaria. As persoas usuarias de do centro de día de Sarela foron as últimas en reincorporarse ao día a día da asociación; as súas vacacións remataron o domingo e onte volveron a Sarela.

Neste mes van facer un traballo de adaptación, e retomar o ciclo de saídas de lecer que comezaron ao inicio do verán, e que levou aos usuarios e usuarias de Sarela a exposicións, museos, parques, paseos... O vindeiro mes a infocorporación á rutina xa vai ser total, coas actividades habituais e algunhas novidades que se irán presentando.

Estes dous días houbo paseos, convivencia no centro, actividade rehabilitadora e tamén un espazo para a reflexión, pois o grupo de teatro de Sarela xa está empezando a planificar a súa nova obra. Esta tarde tiveron unha sesión de tormenta de ideas para faceren propostas para o guión.

Na imaxe superior preséntase un momento da hora de xantar, este mediodía, no comedor de Sarela. Na que fotografía que se pode ver a continuación as persoas usuarias de Sarela amosan como se encargan de recoller e ordenar o comedor despois do xantar.
 

As persoas usuarias de Sarela recollen o comedor.

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información