Baixo o mesmo paraugas pola igualdade de dereitos e oportunidades

05/12/2018

O luns 3 de decembro conmemoramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade Baixo o mesmo paraugas, unha acción de cooperación asociativa que Sarela organizou xunto con outras asociacións da cidade. Ese día xuntámonos simbólicamente na Praza do Obradoiro para reivindicar que as persoas con discapacidade sexan consideradas como cidadáns de pleno dereito.

Ao acto asistiron persoas das distintas entidades convocantes, representantes do Concello e cidadanía en xeral que quixo sumarse ao sentido do acto. Baixo o mesmo paraugas. Galicia pola diversidade naceu en 2016 na cidade da Coruña e este foi o primeiro ano que se celebrou en Compostela para reivindicar que as persoas con discapacidade sexan consideradas como cidadáns de pleno dereito. Na nosa cidade esta primeira edición está impulsada por AspamiteAspanaesDown CompostelaFegadace eSarela.

O acto é simultáneo en Santiago, A Coruña, Pontevedra e Vigo consistiu nunha concentración na que se deu lectura a un manifesto reivindicativo dos dereitos das persoas con discapacidade e no que as persoas que representan ás diferentes organizacións len frases ou lemas mediante os cales mostran as súas peticións, desexos, sentimentos… dando voz así aos verdadeiros protagonistas dese día.

Categorías: Discapacidade

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información