Balance do proxecto "Dano Cerebral no colexio"

29/06/2022

Durante o curso 2021-22 o proxecto “Dano Cerebral no colexio” de Fedace posibilitou acompañar a 19 escolares e ás súas familias socias de Sarela e compartir cos profesionais dos centros as necesidades, obxectivos etc de cada un/unha deles/delas.

O Dano Cerebral Infantil é unha das principais causas de interrupción normal do desenvolvemento dun menor; cunha incidencia de 191 menores con Dano Cerebral por cada 100.000 ao ano. Estes menores seguen sendo nenos que han de crecer, xogar, relacionarse e levar unha vida normalizada de acordo ás capacidades de cada un; pero o descoñecemento xera rexeitamento e discriminación.

Cando se intervén con menores con DCA é esencial ter en conta unha das súas ocupacións fundamentais como é a escola. Este proxecto busca sensibilizar e poñer en común cos profesionais educativos as necesidades e obxectivos de intervención de cada neno/a para levar ao entorno real as aprendizaxes e avances nas terapias especializadas. Os pais e nais tamén participan no proxecto, recibindo o apoio necesario e as estratexias que favorezan a intervención co neno/a.

Durante o curso que vén de rematar as profesionais de Sarela realizaron 37 coordinacións nos colexios con titores/as, orientadores/as, profesores/as, xefes/as de estudio etc. Para conseguir os obxectivos do programa son necesarias intervención en apoio psicolóxico a familias, sesión de terapia ocupacional, logopedia, fisioterapia e asesoramento en traballo social.

Máis información sobre este proxecto na páxina de Fedace.
 

Tags: FEDACE

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información