FEDACE lanza a campaña #Accesibilidadydañocerebral

11/10/2022

É unha das accións con motivo do Día Nacional do Dano Cerebral Adquirido que se celebra o 26 de outubro e quere sensibilizar sobre o dereito á accesibilidade universal das persoas con DCA partindo de experiencias positivas e negativas que atopamos no día a día.

Das 435.000 persoas que aproximadamente viven en España con Dano Cerebral Adquirido unha gran porcentaxe experimenta alteracións de tipo físico e sensorial, cognitivo ou alteracións na comunicación. Esas secuelas implican limitacións na vida das persoas que, se non contan cos apoios e adaptacións necesarios, lles impiden o acceso a espazos físicos, información do seu interese etc. A campaña que FEDACE inicia como acción previa á celebración do Día do DCA quere chamar a atención sobre o dereito das persoas á accesibilidade universal partindo de experiencias positivas e negativas que atopamos no día a día.

Na nosa contorna, hai aspectos que non son unicamente físicos e poden converterse en barreiras na participación das persoas con DCA. Facer trámites administrativos por internet, ler un texto complexo, orientarnos en edificios ou no transporte público, gozar dun concerto ou coñecer un museo pode ser unha experiencia complicada se non se considerou a Accesibilidade Universal.

O artigo 9 da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade trata a Accesibilidade, para que as persoas con discapacidade vivan de forma independente e participen en todos os aspectos da vida.

Para iso, débese garantir o acceso a edificios, a escolas, hospitais e vivendas; o acceso ás rúas e os lugares de traballo e de atención ao público; e que a información e as comunicacións cheguen a todas as persoas, tamén desde o punto de vista cognitivo e da comprensión. Neste sentido o 31 de marzo deste ano aprobouse por Real Decreto Lexislativo a modificación da Lei 6/2022 de dereitos das persoas con discapacidade e a súa inclusión social, para establecer e regular a accesibilidade cognitiva e as súas condicións de aplicación.

Categorías: FEDACE

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información