Queres colaborar coa Arousaman e Arousawoman? O recadado será destinado a continuar equipando a piscina de Sarela

14/06/2023

No mes de xullo volve a travesía a nado Arousaman e Arousawoman, que naceu en 2015 como unha proba non competitiva para dar visibilidade ao DCA. Celebrarase o 29 de xullo e como noutras edicións os fondos recadados serán destinados a Sarela. Se queres colaborar coa Fila 0 poñemos á disposición un código Bizum para facelo.

A travesía a nado Arousaman naceu en 2015 e o seu impulsor é o ribeirense Manuel Martínez “O Nacho”, unha persoa con Dano Cerebral Adquirido como secuela dun neurinoma do acústico, un tumor cerebral benigno que afecta a 1 de cada 100.000 persoas ao año.

Con este reto Manuel Martínez quixo simbolizar as dificultades e medos polas que pasa unha persoa e unha familia con Dano Cerebral. Os nadadores e nadadoras que percorren as 7,05 millas náuticas (13.057 metros) entre O Grove e Ribeira poden pensar en abandonar debido á dureza do reto pero o obxectivo é afrontar esas dificultades.

Como se dixo a Arousaman e Arousawoman teñen dous obxectivos:

O primeiro dar visibilidade ao Dano Cerebral e a Sarela, pero sobre todo ás persoas e familias con DCA.

O segundo é que todos os beneficios recadados nesta travesía sexan para Sarela. Estes serán destinados a completar o equipamento da piscina terapéutica do seu centro. En 2022 recibiron terapia acuática 40 persoas adultas e nenos e nenas con Dano Cerebral.

Se queres podes colaborar coa Fila 0 doando a través de Bizum. O código da campaña que hai que introducir na app do teu banco é o 07086. 

 

Debemos ter en conta que o funcionamento de cada aplicación é diferente. En moitas delas este código debe ser escrito no campo reservado para o número de teléfono.

 

Categorías: Sarela
Tags: ArousaMan

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información