Representantes das oito entidades asinantes e de La Caixa

Convenio con Obra Social “La Caixa” para o programa de información e atención a familias

12/07/2019

O convenio encádrase na convocatoria de “Promoción da autonomía persoal e atención ao envellecemento, a discapacidade e a enfermidade 2019” e contribuirá a contunuar coa atención de traballo social e psicoloxía a familias e persoas con dano cerebral adquirido que realiza a asociación.

Sarela asinou o convenio con Obra Social “La Caixa” por 24.000 euros para desenvolver un programa de información e atención de traballo social e psicoloxía a familias e persoas con dano cerebral adquirido. O convenio encádrase na convocatoria de “Promoción da autonomía persoal e atención ao envellecemento, a discapacidade e a enfermidade 2019”. En Galicia, os proxectos financiados nesta convocatoria beneficiarán a 1.250 persoas, sexan maiores, con discapacidade e con enfermidade crónica.

 

A información e o apoio ás familias cunha persoa con dano cerebral adquirido son fundamentais ao ter que afrontar unha nova realidade que chega de forma brusca e inesperada. O programa de información proporciona toda a información necesaria sobre o DCA así como das ferramentas e recursos necesarios que lles permitan afrontar a súa nova situación e contribuír á mellora da calidade de vida. Atención individual, actividades en grupo, información a través de charlas e nos puntos de información especializada etc son algunhas das accións que se realizan grazas ao programa de información, orientación e apoio de Sarela.

 

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información