Durmir menos de 6 horas aumenta o risco de ictus

02/04/2014

Agrávase nas persoas con obesidade ou trastornos respiratorios.

As persoas que habitualmente dormen menos de 6 horas por noite teñen maior risco de desenvolver síntomas relacionados co accidente cerebrovascular ou ictus.
 
Segundo as conclusións dun estudo presentado na reunión anual da Associated Profesional Sleep Societies (SLEEP), as persoas que dormen menos de 6 horas ao día son 4,5 veces máis propensas a ter algúns dos síntomas asociados cun futuro ictus, que os individuos con características similares que dormen 8 a 9 horas por noite.
 
Na investigación participaron 5.666 suxeitos, aos que se lle preguntou se experimentaran algún síntoma preditor de ictus, como debilidade ou adormecemento de medio corpo, con ou sen dor, perda da visión parcial ou total nun ou ambos ollos, ou incapacidade para entender ou expresarse con palabras ou por escrito.
 
En total, 244 persoas notaron polo menos un dos síntomas de ictus durante os 2-3 anos que durou o estudo. Nunha análise posterior, verificouse que durmir poucas horas era un factor de risco para estes síntomas de accidente cerebrovascular.
 
Segundo os autores, en suxeitos adultos de mediana idade, sen factores de risco para o ictus, como a obesidade e os trastornos respiratorios do sono, durmir poucas horas ten unha influencia negativa sobre o desenvolvemento do accidente cerebrovascular.
 
A curta duración do sono é un precursor dalgúns factores tradicionais de risco de ictus, pero se estes factores de risco están presentes, durmir poucas horas fai que aumente máis o risco que se se descansa un maior número de horas.
 
*Información extraída de Salud-Hoy e fotografía de Jorge Barrios extraída de de Wikimedia Commons.
 
Categorías: Prevención , Ictus
Tags: ictus

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información