Educa V: proxecto para coidar das persoas coidadoras

09/04/2019

Sarela participa desde hai uns meses neste proxecto de investigación de Red Menni de Daño Cerebral de Hermanas Hospitalarias que busca desenvolver ferramentas de intervención para previr e reducir a sobrecarga das persoas coidadoras doutras con dano cerebral.

As persoas que atenden a un familiar con DCA poden verse expostas á sobrecarga debido á cronicidade desta discapacidade e en moitos casos polas complexas secuelas que implica. Os coidadores e coidadoras xogan un papel fundamental na recuperación das persoas con DCA e soen ser os encargados de axudarlle a manexar as actividades da vida diaria, como poden ser o autocoidado, a alimentación, realizar trámites etc. É coñecido que as persoas coidadoras teñen máis risco de experimentar problemas de saúde física e psíquica, así como illamento social e o desgaste económico.

 

O proxecto Educa V é un traballo de investigación que nace no seo de Hermanas Hospitalarias en áreas como a psicoxeriatría e que agora quere adaptarse ao dano cerebral adquirido e, concretamente, a atender as necesidades dos familiares que coidan a unha persoa con DCA.  Sarela colabora, xunto con outras entidades e profesionais, na avaliación da eficacia do programa de intervención deseñado para previr e reducir a sobrecarga do coidador/coidadora e que até agora traballou nos ámbitos do alzhéimer, esquizofrenia e discapacidade intelectual con trastornos do comportamento. Trátase dun protocolo de intervencións con duración e con todos os obxectivos específicos das sesións xa definidos.

 

Nestes momentos estase a facer o estudio, no que participan as persoas coidadoras, para valorar se esa intervención estandarizada é eficaz para reducir a carga que teñen. Para ilo, tras realizar unha avaliación inicial sobre si mesmos e seus familiares con DCA, os coidadores/as recibirán unha intervención en grupo que consta de dez sesións, co obxectivo de axudalos a controlar a tensión e estrés derivado do coidado, ensinarlle diferentes estratexias para manexar os problemas de comportamento do familiar e aumentar o seu grado de satisfacción na vida. Ao finalizar a intervención, repítese a avaliación inicial para ver se houbo cambios. Aos nove meses realizarase novamente para comprobar se estes se manteñen no tempo.

 

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información