FEGADACE pon en marcha un Servizo de Asesoría Xurídica para persoas con dano cerebral

13/05/2022

Está destinado a informar, aconsellar e apoiar á súa base social naquelas cuestións xurídicas relacionadas coa chegada do dano cerebral adquirido ás súas vidas, con toda a complexidade de aspectos que implica esta discapacidade.

O Servizo de Asesoría Xurídica de FEGADACE diríxese a persoas con dano cerebral socias das entidades de FEGADACE, así como ás súas familias, e ás entidades federadas. Trátase dun servizo de balde e confidencial para o que FEGADACE conta coa colaboración do avogado Miguel Vieito Villar.

Esta iniciativa está ideada para complementar o apoio que as familias e persoas con dano cerebral reciben en ADACECO, ADACE Lugo, Alento, Renacer e Sarela, e inclúe a atención de consultas e asesoramento individual (sobre dereitos e outras cuestións que poidan xurdir en relación coa chegada da discapacidade á vida da persoa e do núcleo familiar), acompañamento en situacións de discriminación e vulneración de dereitos e en casos de violencia, asesoramento a profesionais das entidades federadas, e actividades de formación e divulgación.

Para solicitar o Servizo de Asesoría Xurídica, preferentemente hai que dirixirse á traballadora social de referencia da asociación da que se é socia ou tamén ao enderezo de correo electrónico legal@fegadace.org, remitindo os formularios de solicitude de consulta ou de charla xurídica (só para asociacións), segundo sexa o caso. Estes modelos están dispoñibles para a súa descarga e impresión, e tamén para cubrir online a través dun formulario. Hai máis información sobre o servizo e o seu funcionamento e alcance neste dossier.

 

Información da web de FEGADACE www.fegadace.org

 

Categorías: FEGADACE

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información