Enquisa para escoller o día da próxima Asemblea Xeral

21/01/2015

O encontro vaise celebrar en marzo no novo centro de Sarela.

Sarela quere favorecer a presenza do maior número posible de persoas socias na súa vindeira Asemblea Xeral Ordinaria. Por iso presenta esta enquisa, na que se poderá escoller entre dúas propostas por parte da Xunta Directiva, e facer comentarios e suxerencias.
 
Como todos os anos, o encontro será no mes de marzo. As dúas opcións para escoller son ou un venres pola tarde (ás 19:00) ou un sábado pola mañá (ás 12:00). A opción que teña máis votos será a que determine en que día da semana se celebrará a Asemblea Xeral; e será a Xunta Directiva quen escolla a data.
 
A votación vai permanecer aberta ata o final de xaneiro, e clausurarase o luns, 2 de febreiro.
 
Sarela agradece a participación nesta enquisa, así como a asistencia á Asemblea Xeral.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Imaxe extraída de Pixabay con licenza CC0.
 
Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información