Ilusionante balance do Servizo de Atención Diúrna Ocupacional

05/10/2017

O Servizo de Atención Diúrna Ocupacional de Sarela comezou a súa andaina en novembro de 2016. Estes meses desde a súa posta en marcha implicaron un traballo intenso ao non existir ata este momento un centro deste tipo orientado ás persoas con dano cerebral adquirido que buscaban normalizar a súa vida sociolaboral. Foron meses de axustes e de dar a coñecer o servizo pero tamén de éxitos, os que representan as seis insercións acadadas entre as persoas que participaron nas súas actividades.

O Servizo de Atención Diúrna Ocupacional de Sarela comezou a súa andaina en novembro de 2016. Estes meses desde a súa posta en marcha implicaron un traballo intenso ao non existir ata este momento un centro deste tipo orientado ás persoas con dano cerebral adquirido que buscaban normalizar a súa vida sociolaboral. Foron meses de axustes e  de dar a coñecer o servizo pero tamén de éxitos, os que representan as seis insercións acadadas entre as persoas que participaron nas súas actividades.

 

O traballo que Sarela realiza no SADOC (Servizo de Atención Diúrna Ocupacional) ten dous destinatarios: as persoas con DCA que potencialmente poden ser usuarias do mesmo e, por outro, as empresas e entidades que traballan na inserción sociolaboral. Nestes meses Sarela presentou o seu servizo a 18 empresas e entidades co obxectivo de dalo a coñecer e buscar posibles empregos para os/as usuarios/as.

 

Traballo individualizado.

Noelia Parente, coordinadora do SADOC de Sarela, considera que o noso obxectivo é “favorecer a inserción sociolaboral porque moitas persoas con DCA poden volver a traballar, na súa ocupación anterior ou noutra nova, e este servizo ofrece continuidade á súa rehabilitación”.

 

É por iso que o traballo individualizado é fundamental. A participación pode ser presencial no centro ou de orientación pero tendo como obxectivo prestar os apoios que cada persoa precise en función das súas capacidades, habilidades etc.

 

A presencial é unha liña de traballo máis intensa e nos días que as persoas asisten a Sarela realizan actividades en grupo en tres bloques fundamentais: axuste persoal, habilidades sociais e inserción sociolaboral. Desenvolven actividades moi variadas que poden ir desde a formación en diferentes materias ata o fomento de capacidades necesarias para a busca de emprego, como pode ser a preparación de entrevistas persoais, e para a incorporación ao traballo como é a xestión do seu horario etc.

 

Resultados

Nestes meses, once persoas foron usuarias deste servizo. Realizáronse seis insercións en sectores como a administración, servizos ou transporte, e unha persoa mellorou as súas condicións na empresa familiar. No traballo realizado para esas insercións houbo contacto directo e coordinación coas empresas contratantes para, por exemplo, realizar a adaptación do posto onde foi preciso e unha comunicación fluída para facer o seguimento.

 

Dúas persoas tamén recibiron apoio nos estudios (unha preparando oposicións e outra para obter o título da ESO) asumindo desde o SADOC a coordinación co Servizo de orientación e profesorados así como cos responsables dunha academia.

 

 

Tags: SADOC, emprego
Compartir en:

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar todas Configurar Cookies Más información