O 25 de outubro celébrase o III Foro de Familias de FEGADACE

17/10/2014

Dedicado a “Os dereitos das persoas con discapacidade no contexto actual”.

“Os dereitos das persoas con discapacidade no contexto actual” é o lema que protagoniza e centra o III Foro de Familias de Persoas con Dano Cerebral Adquirido. A Federación Galega de Dano Cerebral consolida este ano o que é o seu evento central do ano, no que tamén se vai entregar o II Premio FEGADACE. O Foro de Familias celébrase na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela o sábado 25 de outubro.
 
A cita comeza ás 9:30 coa recepción e entrega de acreditacións, á que segue a benvida do presidente de FEGADACE e de Sarela, José Balboa, que estará acompañado do asesor xurídico do Valedor do Pobo especializado en discapacidade, Fernando de Andrés Alonso, e dunha persoa representante da Consellería de Traballo e Benestar.
 
Ás 10:30 o presidente do CERMI Estatal, Luis Cayo Pérez Bueno, impartirá a primeira conferencia, que leva o mesmo título que o Foro de Familias: “Os dereitos das persoas con discapacidade no contexto actual”. Ao remate haberá unha pausa para café.
 
A actividade retómase ás 12:00 coa actividade central do día: os grupos de traballo. Neles, as persoas asistentes analizarán diferentes aspectos da súa realidade co obxectivo de poñer en común conclusións que axuden a mellorar a calidade de vida das familias con casos de dano cerebral adquirido. Vaise traballar sobre os seguintes temas:
 
  1. Testamento vital. Con Vanessa Mariño Arias (Directora de ADACE Lugo) e Alba Fernández Formigo (Traballadora Social de Alento).
  2. Manexo de condutas difíciles. Con María Parada (Psicóloga/neuropsicóloga de Sarela) e Mª Ester Asensio Cubero (Psicóloga/neuropsicóloga e responsable do servizo sanitario de Renacer).
  3. Primeiros auxilios. Cunha persoa de Cruz Vermella e Gonzalo Mira Villar (Director de Alento).
  4. Banco de Tempo. Con Herminia Dios (Consultora de dinamización grupal e banco de tempo) e Almudena Almeida Cascudo (Terapeuta Ocupacional de ADACE Lugo).
Os grupos de traballo rematan a súa actividade ás 14:00. As persoas facilitadoras reuniránse para extraer conclusións e darase paso ao xantar.
 
Pola tarde as persoas con dano cerebral adquirido van compartir protagonismo coas súas familias nunha mesa redonda que empeza ás 16:00 e na que se van abordar diferentes aspectos da discapacidade desde unha perspectiva de dereitos. Falarán:
 
  • Sobre independencia e educación: Javier Fernández (usuario de Sarela) e Luciano Fernández (pai de Javier)
  • Sobre barreiras arquitectónicas: Alicia Sánchez (usuaria de ADACECO) e familiar
  • Sobre traballo: Santiago Corredoira (usuario de ADACE Lugo) e familiar
  • Modera: Carmen Fernández Quiroga, presidenta de ADACECO
 
Ás 16:45 vanse expoñer as conclusións dos grupos de traballo -cunha persoa da Xunta Directiva de Alento- e ás 17:15 vaise presentar ás familias a nova páxina web de FEGADACE (www.fegadace.org). A presidenta de Renacer, Mª Dolores Quintas Abadín, introduce a Lucía Mendoza, coordinadora de FEGADACE, que explicará todas as novidades da plataforma da Federación en internet.
 
O acto de clausura comeza ás 17:30 coa entrega do II Premio FEGADACE. A premiada do ano pasado, Clara de Saá (condutora do programa da Radio Galega Convivir en Igualdade), vai facer entrega do galardón a Miguel Blanco (Xefe da Unidade de Ictus do CHUS). A continuación, o secretario de FEGADACE, Fidel Castro, acompañado dunha persoa representante da Concellería de Servizos Sociais de Santiago de Compostela, dará o discurso de peche.
 
O Foro de Familias está aberto a calquera persoa interesada en asistir. A única actividade pechada a familiares de persoas con dano cerebral adquirido son os grupos de traballo. Para participar pódese solicitar información en FEGADACE (fegadace@fegadace.org ou 659 177 709) ou inscribirse directamente en Sarela.
 
Información e cartel extraídos do blog de FEGADACE.
 
pdf
  • Programa do III Foro de Familias de FEGADACE
  • Programa que anuncia o III Foro de Familias de Persoas con Dano Cerebral Adquirido (25 de outubro, Santiago de Compostela).

  • Baixar ficheiro
pdf
  • Cartel do III Foro de Familias de FEGADACE
  • Cartel que anuncia o III Foro de Familias de Persoas con Dano Cerebral Adquirido (25 de outubro, Santiago de Compostela).

  • Baixar ficheiro
Compartir en:

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Aceptar todas Configurar Cookies Máis información